Árbore do ceo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A árbore do ceo (Ailanthus altissima) é unha árbore simurabácea.
Nativa do norte de China, ten unha altura de 25-35 m, con ponlas esparexidas e longas follas (40-80 cm), bota moitos rebentos, ás veces a máis de 100 m. A árbore introduciuse en Europa a partir de 1751 como ornamento en parques e xardíns, é unha árbore resistente á contaminación das cidades e adáptase a todo tipo de temperaturas, en zonas con temperaturas semellantes ao seu hábitat natural, convértese nunha especie invasora que despraza ás especies nativas. É unha planta tóxica, que mesmo pode causar alteracións na pel, pero ao tempo hai investigacións para a empregar contra certos tipos de cancro.