Öresund
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Öresund ou Øresund é un estreito entre Dinamarca e mais Suecia, máis precisamente entre a illa dinamarquesa de Sjælland e a provincia sueca de Scanie. A ortografía é Øresund en dinamarqués e Öresund en sueco .
Índice |
[editar] Xeografía
O estreito liga o mar Báltico (ao sur) ao estreito de Kattegat (ao norte), en direción ao mar do Norte, estendendose por preto de 118 km nun eixo sur-sudeste/nor-noroeste, e ten unha largura de 3 km a 48 km. El separa ao sur as cidades portuarias de Copenhague (Dinamarca) e Malmö (Suecia), e ao norte as cidades de Elseneur (Dinamarca) e de Helsingborg (Suecia).
Os releves submarinos e a pouca profundidade de Øresund contribúen a limitar as trocas de auga entre o mar do Norte e o mar Báltico.
[editar] Historia
O estreito de Øresund foi palco de numerosos naufraxios. Os principais factores son a súa baixa profundidade, ás veces inferior a 10 metros, e a súa forte frecuentación.
[editar] A ponte
Desde o 1 de xullo de 2000, a Ponte do Øresund liga Copenhague a Malmö.
[editar] Illas
- Sjælland, a grande illa de Copenhague
- Amager, co aeroporto de Copenhague Tastrup
- Saltholm
- Peberholm, chegada da ponte de Øresund
- Ven