Adipsia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adipsia é a ausencia da sensación de sede. De ser causada por unha lesión hipotalámica ou outra lesión ou tumor precisa tratamento urxente.
En condicións normais é habitual que o corpo non precise repoñer líquidos, que non se teña sede durante un determinado espazo de tempo. Nos humanos a sensación da necesidade de beber está localizada no interior do hipotálamo anterior, e debido a unha lesión hipotalámica pódese chegar á deshidratación ó non estimularse este axeitadamente.