Aforismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un aforismo é unha frase concisa que condensa un principio moral ou unha regra de xeito breve, pensativo e aparentemente pechada. O termo utilizouno por vez primeira Hipócrates como unha serie de proposicións relativas ós síntomas e ó diagnóstico das enfermidades, posteriormente o concepto aplicouse despois á ciencia física e, posteriormente a todo tipo de principios.
O aforismo pode ser considerado un xénero poético de seu que polo xeral fai uso abundamentemente da aliteración, da anáfora e do ritmo.