Aida Valiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aida Valiño naceu o 23 de xuño de 1987 en Castroverde e é unha das triatletas galegas máis importantes. Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.
En triatlón milita no clube Fluvial de Lugo, como nadadora no Portamiña e como ciclista, no Spol Caixanova. Tamén venceu a travesía a nado da Ría de Vigo, na súa edición de 2006.
[editar] Mellores resultados
[editar] Campionatos do mundo
Lugar | Posición | Data | Título |
---|---|---|---|
Lausanne (Suíza) | 32 | 03.09.2006 |
[editar] Copa do Mundo
Lugar | Posto | Data | Marca | Título |
---|---|---|---|---|
Madrid (España) | 40 | 04.06.2006 | 2:15'39" |