Asturina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
L'Asturina é unha bandeira que representa a loita pola independencia de Asturias. Está formada pola Cruz da Vitoria, a mesma que aparece na bandeira oficial de Asturias pero sen o alfa e a omega, e unha estrela vermella, de cinco puntas, arriba á esquerda.
Esta bandeira é empregada polas organizacións nacionalistas asturianas en manifestacións e outros actos.