Bandeira, símbolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango, etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos).
Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.
O primeiro país en ter bandeira oficial foi Dinamarca co Dannebrog.
[editar] Ver tamén
- Bandeira nacional
- Evolución das bandeiras
- Lista de bandeiras
- Galería de bandeiras de estados soberanos
- Lista de bandeiras de territorios dependentes
- Bandeiras de sinais marítimos