Betelgeuse
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Betelgeuse, tamén chamada α Orión, é unha grande estrela vermella na constelación de Orión. É a décima estrela máis brillante no ceo, unha superxigante vermella. A cor característico desta estrela provén das baixas temperaturas do seu exterior (uns 3000º K) e amosa que a estrela agotou xa a maior parte do combustible nuclear que lle proporciona a súa enerxía (fusión do hidróxeno), polo que se atopa ao final da súa vida. As súas variacións de luminosidade indican tamén que atópase alonxada da secuencia principal.
Betelgeuse e unha estrela xigante, razón pola que o seu brillo é tan elevado a pesares de atoparse a unha temperatura relativamente baixa. Sen embargo, e a pesares de ser a estrela α de Orión, non é a máis brillante, sendo Rigel, coñecida como β Orionis a estrela máis brillante da constelación.
[editar] Características
Betelgeuse é unha estrela xigante vermella, e unha das maiores estrelas coñecidas, sendo de grande interese para a astronomía. O diámetro angular de Betelgeuse foi medido pola primeira vez en 1920-1921 por Michelson e Pease, sendo unha das cinco primeiras a seren medidas usando un interferómetro no telescopio de 100 polegadas do Observatorio de Monte Wilson. Seu diámetro varía entre 500 e 900 veces o do Sol. No diámetro máximo, a estrela seria maior que a órbita de Saturno, se colocada no lugar do Sol. Apesar de ser apenas 15 veces máis masiva que o Sol, é cerca de algunhas decenas de millóns de veces maior en volume, como unha bola de futbol comparada a un grande estadio de futbol. Sua proximidade de Terra e seu enorme tamaño, fai dela a estrela con o terceiro maior diámetro angular, con vista da Terra [1], menor apenas que o Sol e R Doradus. É unha das 12 estrelas cuxo brillo real os telescópios actuais poden visualizar.
[editar] Supernova
Os astrónomos prevéen que Betelgeuse pode pasar por unha explosión supernova tipo II. No entanto, as opinións estan divididas canto ó momento en que isto debe ocorrer. Alguns suxeren que a variabilidade atual como un sinal de que xa está na fase de queima de carbono de seu ciclo de vida, e debe sofrer unha explosión supernova aproximadamente nos próximos mil anos. Céticos discordan dese ponto de vista e afirman que a estrela debe sobreviver moito máis tempo. Hai consenso de que tal supernova seria un evento astronómico espectacular, pero non significaria ameaza para a vida na Terra, dada a enorme distancia da estrela. pero a estrela vai se tornar polo menos 10000 veces máis brillante, o que significa un brillo equivalente ó dunha lúa crescente. Entretanto alguns creén que ela pode chegar ó brillo de unha Lua chea (mv = -12.5). Ese fenómeno debe durar por alguns meses, parecendo unha pequena Lua chea con a cor de unha lámpada incandescente á noite e facilmente visible durante o dia. Após ese período a estrela apagaráse gradualmente ata que após alguns meses ou anos desapareza completamente e Orión perca o ombro esquerdo.