Campo gravitatorio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En física o campo gravitatorio ou campo gravitacional é un campo de forzas que representa a gravedade. O tratamento que recibe este campo é diferente segundo as necesidades do problema:
- En física clásica (non-relativista), o campo gravitatorio ven dado por un campo vectorial.
- En física relativista, o campo gravitatorio ven dado por un campo tensorial de segunda orde.
[editar] Campo gravitatorio na física non-relativista
NA física newtoniana, o campo gravitatorio é un campo vectorial conservativo con líñas de campo abertas. Pode definirse coma a forza por unidade de masa que experimentará unha partícula puntual situada ante a presenza dunha distribución de masa. As súas unidades son, polo tanto, as dunha aceleración, m s-2. Matemáticamente pódese definir o campo coma
donde é a forza de gravedade experimentada pola partícula de masa m en presenza dun campo
.
O campo para unha distribución de masa esférica e central fóra da esfera é un vector de módulo g, dirección radial e que apunta á partícula que crea o campo.
,
donde r é a distancia radial ao centro da distribución. No interior da esfera central o campo varía según una lei dependiente da distribución de masa (para unha esfera uniforme, medra linealmente desde o centro ata o radio exterior da esfera). A ecuación (1) por tanto só é válida a partir da superficie exterior que limita o corpo que provoca o campo, punto a partir do cal o campo decrece segundo a lei da inversa do cadrado.
O interese de realizar unha descripción da interacción gravitatoria por medio dun campo radica na posibilidade de poder expresar a interacción gravitacional coma o producto de dous térmos, un que depende do valor local do campo e outro, unha propiedade escalar que representa a resposta do obxecto que sofre a acción do campo.
A natureza conservativa do campo permite definir unha enerxía potencial gravitatoria tal que a suma da enerxía potencial e a enerxía cinética do sistema é unha cantidade constante. Así a cada punto do espacio podemos asignarlle un potencial Φ gravitatorio relacionado coa densidade da distribución de masa e có vector do campo gravitorio por:
[editar] Campo gravitatorio na física relativista
Artículo Principal: Teoría xeral da relatividade
A teoría relativista de Einstein do campo gravitatorio é propiamente unha teoría da estructura xeométrica local do espacio-tempo. Así un campo gravitatorio interpretase nin máis nin menos que coma a curvatura de dito espacio-tempo que en presenza de materia deixa de ser plano.