Cariberto II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cariberto II, rei de Aquitania.
Fillo de Clotario II e medio irmán de Dagoberto I. Convértese en rei de Aquitania no ano 629 reino creado para a ocasión polo seu irmán Dagoberto I co compromiso da súa renuncia ao reino dos francos.
Tivo un comezo difícil, polas incursións dos vascos, que ameazaban a numerosos condados do sudoeste. Establece en Toulouse a súa capital.
O seu fillo Khilderico sobrevivirao, aínda que Dagoberto foi acusado de facelo asasinar, e á súa morte volverase a recompoñer o reino franco.