Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Chicago Bulls - Wikipedia

Chicago Bulls

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chicago Bulls
Conferencia Conferencia Leste
División División Central
Fundado 1966
Historia Chicago Bulls
(1966-presente)
Cancha United Center
Cidade Chicago, Illinois
Cores Vermello, negro e branco
Dono Jerry Reinsdorf
Adestrador Xefe Scott Skiles
Campionatos NBA 6 (1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998)
Campionatos de Conferencia 6 (1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998)
Campionatos de División 7 (1975, 1991, 1992, 1993, 1996, 1997, 1998)

Os Chicago Bulls son un equipo profesional de baloncesto de Chicago, Illinois. Xogan na División Central da Conferencia Leste da NBA.

Índice

[editar] Canchas

  1. International Amphitheatre (1966-1967)
  2. Chicago Stadium (1967-1994)
  3. United Center (1994-presente)

[editar] Historia da franquicia

[editar] Primeiros anos

Os Chicago Bulls son o terceiro equipo NBA que pasa por Chicago, despois dos Packers/Zephyrs e dos Stags (1946-1950). Hoxe, os Bulls aínda xogan coa camisola azul e vermella dos Stags ás veces. A franquicia formouse na tempada 1966-1967, e xa inmediatamente mostrou boas maneiras conseguindo o mellor balance da historia dun equipo debutante na NBA, calificándose para os playoffs. Durante as súas dúas primeiras tempadas, a meirande parte dos partidos na casa foron xogados no International Amphitheatre, antes de mudarse ó Chicago Stadium definitivamente en 1994. Nos seguintes anos, a directiva dos Bulls adicaría o seu tempo a montar un cadro de xogadores competitivo, aínda que nunca chegaron ó máis alto. Na década dos 70, os Bulls caracterízabánse por ser un equipo duro e moi defensivo, construído ó redor de Jerry Sloan, un defensor moi rochoso, dos alas Bob Love e Chet Walker, do base Norm Van Lier e do pivote Tom Boerwinkle. Aínda así, o equipo só gañou un título de división, e nunca acadou as finais da liga.

A finais da década dos 70 e a principios dos 80, o equipo chegou ó teito da liga. Artis Gilmore, conseguido a través dun draft de dispersión da ABA en 1976, liderou a un equipo que incluía tamén ó base Reggie Theus e ós alas David Greenwood e Orlando Woolridge. Despois de que Gilmore fora trocado polo pivote Dave Corzine dos San Antonio Spurs, os Bulls xa tiñan un alto poder ofensivo centrado en Theus, ó que despois se unirían Quentin Daly e Ennis Watley. Malia todo iso, os resultados seguían a ser decepcionantes, polo que a directiva decidiu cambia-lo rumbo e intercambiou a Theus na tempada 1983-84.

[editar] A chegada de Michael Jordan

No verán de 1984, a fortuna do equipo cambiou para ben cando conseguiron a terceira posición no draft dese ano, despois dos Houston Rockets e dos Portland Trail Blazers. Despois de que os Rockets elixiran a Hakeem Olajuwon, e os Blazers a Sam Bowie, os Bulls escolleron ó escolta Michael Jordan, procedente da Universidade de North Carolina. Jordan redefiniría o baloncesto e reescribiría o libro dos récords, convertíndose no mellor xogador de tódolos tempos.

O equipo, sendo o novo dono Jerry Reinsdorf e General Manager Jerry Krause, decidiu reconstruírse ó redor de Jordan. Este xogador clave na historia dos Bulls rompería varios récords da franquicia no seu ano de rookie en anotación (terceiro na liga) e roubos (cuarto na liga), e conduciría ó equipo de novo ós playoffs. Gañou nesa tempada o premio ó Rookie do Ano e foi incluído no segundo equipo de xogadores NBA.

Na pretempada, o equipo asinou ó base John Paxson e elixiu no draft ó ala-pivote Charles Oakley. Xunto a Jordan e a Corzine, daríanlle a meirande parte do poder atacante ós Bulls nas dúas tempadas seguintes. Ó principio da tempada Jordan esnaquizábase un pé, motivo polo cal a franquicia fichou a lenda da NBA George Gervin, que axudou a aportar puntos, rematando segundo no equipo detrás de Woolridge nas estatíticas de anotación. Jordan recuperouse para os playoffs, cando se enfrontaron dende a octava praza ós Boston Celtics, que conseguiran un balance de 67-15 na tempada regular, liderados por Larry Bird. Aínda que os Bulls foron barridos, Jordan logrou supera-lo récord de anotación nun único encontro en playoffs, con 63 puntos no segundo partido das series, o que provocou que Bird chamarao God disguised as Michael Jordan. (Deus disfrazado de Michael Jordan).

Na tempada 1986-87 Jordan continuou o seu asalto ós libros de récords, liderando a liga en anotación con 37.1 puntos por partido, e sendo o primeiro Bull nomeado no primeiro equipo da NBA. Pero os Bulls foron de novo barridos polos Celtics nos playoffs. Na seguinte tempada, a 1987-88, Kreuse elixiu en octava posición do draft dese ano ó pivote Olden Polynice e no décimo posto ó ala-pivote Horace Grant, e no mesmo día do draft Polynice foi trocado polo ala Scottie Pippen, elixido polos Seattle SuperSonics. Con Paxson e Jordan no xogo exterior, Brad Sellers e Oakley nos postos de ala, Corzine na pintura, e cos rookies Pippen e Grant salindo dende a bancada, os Bulls fixeron moito ruido, gañando 50 partidos e acadando as semifinais da Conferencia Leste, caendo derrotados alí contra os que despois serían os gañadores da conferencia, os Detroit Pistons, en cinco encontros. Jordan foi nomeado ese ano MVP da NBA nese ano, sería a primeira das cinco veces que o gañou.

A tempada 1988-89 foi a segunda seguida de grandes movementos en pretempada. O ala-pivote Charles Oakley, que liderou a liga no total de rebotes nos anos 87 e 88 foi trocado polo pivote Bill Cartwright procedente dos New York Knicks e por unha elección no draft utilizada para elixir ó pivote Will Perdue. O novo quinteto titular formado por Paxson, Jordan, Pippen, Grant e Cartwright tardou algún tempo en acomodarse, pero remataron a tempada nas finais da Conferencia Leste, onde perderon contra os que logo serían os campións da NBA, os Detroit Pistons, en seis partidos.

Na 1989-90, Jordan foi o máximo anotador da liga por cuarta tempada consecutiva, e por fin entrou no equipo do All-Star por primeira vez xunto a Scottie Pippen. Tamén houbo trocos na bancada, xa que Doug Collins foi reemprazado polo seu asistente, Phil Jackson, quen trouxo ó equipo a Tex Winter, un especialista no triángulo ofensivo característico de Jackson. Os Bulls tamén elixiron no draft de 1989 ó pivote Stacey King e ó base BJ Armstrong. Con estas pezas adicionáis e o quinteto inicial do ano anterior, os Bulls volveron ás finais de conferencia e volveron a perder contra os Pistons, pero esta vez conseguiron forza-los sete partidos.

[editar] A década dos 90 e os primeiros tres campionatos consecutivos

Xa na tempada 1990-91, os Bulls olvidáronse das excusas e encararon o ano cunha misión definida. Fixeron o récord da franquicia en encontros gañados con 61. Nos playoffs arrasaron, barrendo ós Pistons nas finais de conferencia e nas finais da NBA gañaron a uns Lakers liderados por Magic Johnson en cinco partidos, sendo o derradeiro da serie o 12 de xuño de 1991. Michael Jordan gañou os títulos de MVP das finais e da tempada regular, e o seu quinto título seguido de máximo anotador.

Os Bulls gañaron o seu segundo título consecutivo na tempada 1991-92 despois de esnaquiza-lo récord de vitorias da franquicia con 67. Nas finais gañaronlle a Clyde Drexler e os seus Blazers en seis encontros. Jordan volveu gaña-los títulos de MVP das finais e da tempada regular, e o seu sexto título seguido de máximo anotador.

Na 1992-93 os Bulls fixeron o que ningún dende aquelos lexendarios Celtics da década dos 60 gañando tres títulos consecutivos, enfrontándose na final ós Phoenix Suns, que tiñan ó MVP da liga regular, Charles Barkley. O tiro gañador de John Paxson deulles ós Bulls a victoria no sexto patido disputado en Fénix por 99-98. Jordan foi de novo MVP das finais despois de establecer un novo récord de puntos nun encontro da final. Ademáis, tamén empatou con Wilt Chamberlain co seu sétimo título de máximo anotador.

Xa no verán, Jordan asombrou a toda a comunidade baloncestística anunciando a súa retirada, só uns meses despois da morte do seu pai. Scottie Pippen pasou a lidera-los Bulls, xa que nas tempadas anteriores demostrárase un dos mellores xogadores na liga. Recibiu axuda de Horace Grant e de BJ Armstrong, que nesa tempada foron All-Stars por primeira vez. Tamén eran pezas do equipo Cartwright, Perdue, o base Pete Myers e o rookie de Croacia Toni Kukoč. Pero malia a asombrosa tempada regular que fixeron os Bulls, gañando 55 partidos, nos playoffs caeron en segunda rolda contra os Knicks, cunha polémica incluída no quinto partido tras unha falta pitada polo árbitro Hue Hollins.

[editar] A volta de Jordan e outros tres campionatos consecutivos

En 1994, os Bulls perderon a Horace Grant e a Bill Cartwright, que marcharon coma axentes libres, pero conseguiron ó base All-Star Ron Harper. Con istos movementos, os Bulls tiñan a Armstrong e a Harper no xogo exterior, Pippen e Kukoc nas alas e Perdue na pintura. Tamén contaban co tirador especialista Steve Kerr, con Myers, e cos pivotes Luc Longley e Bill Wennignton. Pero mentres estaban a xoga-la liga, o 17 de marzo de 1995 recibiron a mellor noticia posible: Jordan voltaba dende o retiro. Pronto estivo de novo entre os mellores da liga, anotando 55 puntos contra os Knicks no seu quinto partido dende a súa volta, e liderou ós Bulls ó quinto posto da conferencia, gañando na primeira rolda dos playoffs ós Charlotte Hornets. Pero xa en segunda rolda non foron capaces de derrotar ós que despois serían os campóns da conferencia, os Orlando Magic de Horace Grant e Shaquille O'Neal. Cando Jordan volveu ós Bulls, inicialmente levaba o dorsal 45 (que tamén foi o seu dorsal cando xogaba nos Birmingham Barons, un equipo de béisbol das ligas menores afiliado ós Chicago White Sox, por mor da retirada do seu dorsal trala súa primeira marcha. Pouco despois volveu ó 23 a cambio dunha multa.

Na pretempada, BJ Armstrong marchouse por mor dun draft de expasión, pero Krause fixo un movemento maxistral, mandando a Will Purdue ós San Antonio Spurs a cambio de Dennis Rodman, especialista reboteador con catro títulos nese apartado. Cun quinteto inicial formado por Harper, Jordan, Pippen, Rodman e Longley, e quizás a mellor bancada da liga con Kerr, Kukoc, Wennington e os alas Randy Brown e Jud Buechler, os Bulls experimentaron unha das meirandes mellorías no balance na historia da liga, pasando dun 47-35 a un 72-10, que aínda segue a se-lo mellor balance da historia. Jordan gañou o seu oitavo título de mellor anotador, Rodman o seu quinto título de máximo reboteador seguido, e Kerr liderou a liga en triplas. Ademáis, Jordan logrou a "Triple Coroa" co MVP da tempada regular, do All-Star e das finais. Krause gañou o premio ó Executivo do Ano, Jackson ó Adestrador do Ano e Kukoc foi o Sexto Home do Ano. Por se fora pouco, Pippen e Jordan entraron no primeiro equipo da NBA, e ámbolos dous máis Rodman entraron no mellor equipo defensivo. O equipo gañou o seu cuarto anel ante os Seattle SuperSonics de Gary Payton e de Shawn Kemp.

Os Bulls repetiron os bos resultados da tempada anterior na 1996-1997, empatando o segundo mellor balance da historia da liga cun 69-13 e gañando o seu quinto anel consecutivo, contra os Utah Jazz de John Stockton e Karl Malone. Jordan conseguiu o seu segundo título de áximo anotador consecutivo e o seu noveno en total, e Rodman o seu sexto título seguido de máximo reboteador.

Conseguiron outro Three-peat (tres títulos consecutivos) na tempada 1997-1998, gañando 62 partidos de tempada regular e plantándose nas finais sen moita deficultade. Jordan gañou o seu décimo título de máximo anotador e o terceiro seguido, e a súa segunda "Triple Coroa" (MVP do All-Star, da tempada regular e das finais da NBA), Rodman conseguía o seu sétimo título de máximo anotador, batindo con el o récord, e os Bulls derrotaron nas finais ós Jazz por segundo ano consecutivo. No sexto e derradeiro partido, Jordan deu un pasiño atrás e anotou o tiro gañador a falta de cinco segundos do final do encontro, o que sería o seu derradeiro lanzamento nos Bulls.

[editar] Unha desmantelación dramática

O verán de 1998 trouxo un final abrupto á unha era tan tremendamente existosa. Krause cría que os xogadores dos Bulls xa eran demasiado vellos e incapaces de ser competitivos. Decidiu que as únicas oportunidades do equipo eran ou a reestruturación ou un declive lento pero seguro. Planeou afundi-lo equipo nas derradeiras posicións da liga e conseguir eleccións de draft en postos altos mentres facía espazo no límite salarial para asinar un par de axentes libres en dous anos. Despois de ser vetado nun intento previo polo dono Jerry Reinsdorf, Krause mandou a Scottie Pippen por apenas nada ós Houston Rockets, non renovou ó adestrador Phil Jackson, que marchou ós Lakers e animou a Michael Jordan a que se retirara de novo. Krause tampouco renovou a Dennis Rodman, trocou a Luc Longley e a Steve Kerr por varias eleccións de draft e asinou un novo adestrador sen experiencia profesional, Tim Floyd, procedente da Universidade de Iowa State, onde tivera varios éxitos a nivel de NCAA. Cun novo quinteto titular formado polo base Randy Brown, o escolta Ron Harper, o ala Brent Barry, o ala-pivote Toni Kukoc e o pivote Bill Wennington, o equipo rematou a temporada da folga (1998-1999) gañando 13 de 50 partidos e cun Kukoc que liderou ó equipo en anotación, rebotes e asistencias, pero que foron de pouca axuda mentres o equipo facía unha tempada desastrosa.

[editar] Cinco anos moi difíciles

O mal final da tempada anterior tiña un feito destacado: os Bulls gañaron a lotería do draft e a elección número un utilizouse para escoller ó ala-pivote Elton Brand. Sen Harper, Brown, Wennington e Barry, que se marcharon na pretempada, Brand e o tamén [rookie]] Ron Artest botáronse o equipo ás costas, especialmente despois de que Kukoc se lesionara tendo que perderse a meirande parte da tempada, e sendo transpasado por unha elección de draft no límite do tempo para intercambios entre franquicias. Brand acadou por primeira vez dende os días de Artis Gilmore un promedio de máis 20 puntos e máis de 10 rebotes. Ademáis, encabezou a clasificación dos rookies en anotación, rebotes, tapóns, porcentaxe de tiros de campo e en minutos xogados. Isto valeulle a Brand para ser nomeado Co-Rookie do Ano da tempada 1999-2000 xunto a Steve Francis, dos Houston Rockets e para entrar no mellor equipo de rookies, mentres Artest era nominado para o segundo mellor equipo de rookies. Malia iso, o equipo acababa cun pésimo balance, 17-65, o segundo peor desa tempada.

Despois dun verán no que semellaba que os Bulls querían asinar a tódolos axentes libres do mercado (Tim Duncan, Grant Hill, Tracy McGrady, Eddie Jones ou incluso Tim Thomas), Krause ficha ó pivote Brad Miller, ó escolta Ron Mercer (ámbolos dous axentes libres) e elixiu no draft a Marcus Fizer, ala-pivote, e a Chris Mihm, pivote, e que foi mandado ós Cavaliers polo base Jamal Crawford. Brand liderou de novo ó equipo promediando de novo máis de 20 puntos e máis de 10 rebotes, pero as novas fichaxes non fixeron un bo papel e o equipo rematou co peor récord da súa historia, 15-67.

Os siareiros dos Bulls entraron en shock cando no día do draft de 2001 Krause transpasou a Elton Brand ós Clippers pola segunda elección desde draft, Tyson Chandler. Ademáis elixiu a Eddy Curry no posto número catro. Ámbolos dous xogadores saían directamente do instituto e non se esperaba que contribuíran moito ó equipo nas vindeiras tempadas, pero víanse como posíbels xogadores franquicia nun futuro non moi lonxano. O equipo comezou a xoga-la tempada sen un líder claro, pero na mitade do ano os tres maiores anotadores, Mercer, Artest e Miller, xunto a Kevin Ollie, foron trocados cos Indiana Pacers polo base veterán Jalen Rose, por Travis Best e por Norman Richardson. Tamén houbo un cambio na bancada, pasando a se-lo novo adestrador Bill Cartwright, antigo xogador dos Bulls e asistente técnico de Floyd, ó que rematou substituíndo por mor dunhas discusións entre os xogadores e a directiva. Houbo unha lixera mellora no balance final da tempada, pasando de 15 a 21 encontros gañados, pero aínda seguían a ocupa-la derradeira posición na calificación.

A temporada 2002-2003 comezou con moito optimismo. Elixiron ó base Jay Williams no segundo posto do draft. O equipo estaba formado por un núcleo moi xoven composto por Rose, Williams. Crawford, Marcus Fizer, o recén chegado Donyell Marshall, Curry, Chandler e o base Trenton Hassell, na primeira tempada completa de Bill Cartwright no asento de adestrador. Curry encabezou a liga na porcentaxe de tiros anotados, convertíndose no primeiro xogador dos Bulls que lideraba algunha estatística importante da liga dende Jordan. Os Bulls lograron mellora-lo balance do ano anterior rematando cun 30-52.

Xa no verán de 2003, o que fora General Manager durante moito tempo, Jerry Krause, retirouse, e anunciouse que o seu sucesor sería o antigo xogador John Paxson. Jay Williams resultou gravemente ferido nun accidente de motocicleta, non volvendo a xogar aínda ata a actualidade. Para substituílo, Paxson elixiu na posición número sete do draft ó base Kirk Hinrich, e tamén fichou ó veterán axente libre e ex-xogador franquicia dos Bulls Scottie Pippen. Con Pippen xogando, Cartwright na bancada e Paxson na directiva, os Bulls esperaban que a maxia da época dos seus campionatos voltara.

Pero a tempada 2003-2004 foi unha sonora decepción. Eddy Curry voltou ó equipo, e con el voltaron as preguntas sobre o seu compromiso co equipo. Ademáis, Tyson Chandler sufriu unha lesión crónica nas costas, que lle fixo perderse máis de trinta encontros. E por se fora pouco, Pippen sufriu problemas nos xeonllos, minimizando a súa capacidade para lidera-lo equipo e facendoo plantexarse a retirada. Jamal Crawford foi moi irregular. Todo isto levou a que Cartwright fora despedido, sendo asinado o ex-adestrador dos Phoenix Suns Scott Skiles. Un troco cos San Antonio Spurs trouxo a Antonio Davis e a Jerome Williams ó equipo a cambio de Rose e de Marshall, o que foi visto como unha estratexia para gañar traballo duro e defensa a cambio de capacidade atlética. Despois de vagar durante toda a tempada, os Bulls remataron cun balance de 23-59, o segundo peor da liga. Fizer non renovou, e Crawford foi parte dun sign-and-trade cos Knicks por xogadores con contratos a piques de rematar. O único xogador destacado neste ano foi Hinrich, que se convertiu nun dos favoritos dos siareiros pola súa determinación e pola súa habilidade atlética. Ademáis, foi nominado no mellor equipo rookie do ano.

[editar] A volta ós playoffs

Durante a pretempada de 2004, Paxson intercambiou unha elección de draft de 2005 a cambio dunha elección adicional no draft de 2004 cos Phoenix Suns. Foron usadas para elixir ó base da Universidade de Connecticut Ben Gordon e ó ala da Universidade Duke Luol Deng en primeira rolda, e ó base Chris Duhon, tamén procedente de Duke. Ademáis, se fichou ó axente libre Andrés Nocioni, que gañara a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos dese ano, sendo membro da selección de baloncesto de Arxentina. Nese momento, os Bulls tiñan ó quinteto titular máis mozo da liga, detrás dos Phoenix Suns. Despois dun decepcionante inicio de 0 vitorias e 9 derrotas, o equipo comezou a amosar signos de melloría, confiando na defensa e nas varias explosións no derradeiro cuarto de Gordon. Ó final da tempada, os Bulls lograron acada-los playoffs, superando o 50% de vitorias no partido número 39 do ano, e rematando co terceiro posto da Conferencia Leste e conseguindo chegar por primeira vez á post-tempada dende a época de Jordan.

Pero desafortunadamente, as lesións de Deng e Curry no final da tempada regular deixou ós Bulls sen unha presenza anotadora constante. Casualmente, a primeira franquicia coa que se enfrontaron nos playoffs do 2005 foron os Washington Wizards, o equipo ó que volveu Jordan despois da súa segunda retirada. Malia comeza-las series con dúas vitorias na casa, os Bulls perderon os seguintes catro partidos e polo tanto as series. Ben Gordon convertiuse no primeiro rookie en gaña-lo premio ó Mellor sexto home, e no primeiro xogador dos Bulls en gañalo dende que o fixera Toni Kukoc en 1996.

[editar] Tradición nos playoffs

Os Bulls teñen a tradición non oficial de vestir zapatillas negras nos playoffs, sen ter en conta se xogan na casa ou fóra; e que data dos días nos que Michael Jordan comezou a encabeza-lo equipo nos playoffs. Malia non estar presentes nos playoffs durante seis tempadas despois do último campionato, cando volveron no ano 2004-2005 voltou esta tradición. Outra tradición e que cando xogan varios partidos seguidos fóra da casa só visten os uniformes vermellos, nunca os negros.

[editar] Récords tempada por tempada

Nota: V = Vitorias, D = Derrotas, % = Vitoria-Derrota %

Tempada V D % Play-offs Resultados
1966-67 33 48 .407 Perdidas semifinais de división St. Louis 3, Chicago 0
1967-68 29 53 .354 Perdidas semifinais de división LA Lakers 4, Chicago 1
1968-69 33 49 .402
1969-70 39 43 .476 Perdidas semifinais de división Atlanta 4, Chicago 0
1970-71 51 31 .622 Perdidas semifinais de conferencia LA Lakers 4, Chicago 3
1971-72 57 25 .695 Perdidas semifinais de conferencia LA Lakers 4, Chicago 0
1972-73 51 31 .622 Perdidas semifinais de conferencia LA Lakers 4, Chicago 3
1973-74 54 28 .659 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Chicago 4, Detroit 3
Milwaukee 4, Chicago 0
1974-75 47 35 .573 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Chicago 4, Kansas City-Omaha 2
Golden State 4, Chicago 3
1975-76 24 58 .293
1976-77 44 38 .537 Perdida primeira rolda Portland 2, Chicago 1
1977-78 40 42 .488
1978-79 31 51 .378
1979-80 30 52 .366
1980-81 45 37 .549 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Chicago 2, New York 0
Boston 4, Chicago 0
1981-82 34 48 .415
1982-83 28 54 .341
1983-84 27 55 .329
1984-85 38 44 .463 Perdida primeira rolda Milwaukee 3, Chicago 1
1985-86 30 52 .366 Perdida primeira rolda Boston 3, Chicago 0
1986-87 40 42 .488 Perdida primeira rolda Boston 3, Chicago 0
1987-88 50 32 .610 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Chicago 3, Cleveland 2
Detroit 4, Chicago 1
1988-89 47 35 .573 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Chicago 3, Cleveland 2
Chicago 4, New York 2
Detroit 4, Chicago 2
1989-90 55 27 .671 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Chicago 3, Milwaukee 1
Chicago 4, Philadelphia 1
Detroit 4, Chicago 3
1990-91 61 21 .744 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais da NBA
Chicago 3, New York 0
Chicago 4, Philadelphia 1
Chicago 4, Detroit 0
Chicago 4, LA Lakers 1
1991-92 67 15 .817 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais da NBA
Chicago 3, Miami 0
Chicago 4, New York 3
Chicago 4, Cleveland 2
Chicago 4, Portland 2
1992-93 57 25 .695 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais da NBA
Chicago 3, Atlanta 0
Chicago 4, Cleveland 0
Chicago 4, New York 2
Chicago 4, Phoenix 2
1993-94 55 27 .671 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Chicago 3, Cleveland 0
New York 4, Chicago 3
1994-95 47 35 .573 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Chicago 3, Charlotte 1
Orlando 4, Chicago 2
1995-96 72 10 .878 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais da NBA
Chicago 3, Miami 0
Chicago 4, New York 1
Chicago 4, Orlando 0
Chicago 4, Seattle 2
1996-97 69 13 .841 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais da NBA
Chicago 3, Washington 0
Chicago 4, Atlanta 1
Chicago 4, Miami 1
Chicago 4, Utah 2
1997-98 62 20 .756 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañadas finais da NBA
Chicago 3, New Jersey 0
Chicago 4, Charlotte 1
Chicago 4, Indiana 3
Chicago 4, Utah 2
1998-99 13 37 .260
1999-2000 17 65 .207
2000-01 15 67 .183
2001-02 21 61 .256
2002-03 30 52 .366
2003-04 23 59 .280
2004-05 47 35 .573 Perdida primeira rolda Washington 4, Chicago 2
2005-06 41 41 .500 Perdida primeira rolda Miami 4, Chicago 2
Total 1607 1558 .508
Playoffs 151 114 .570 6 Campionatos

[editar] Cadro de xogadores actuais

Chicago Bulls
Cadro de xogadores actuais
Adestrador xefe: Scott Skiles Edit
AP 35 Malik Allen (Villanova)
P 15 Martynas Andriuskevicius (Lituania)
AP/P 42 PJ Brown (Louisiana Tech)
E/A 9 Luol Deng (Duke)
B 21 Chris Duhon (Duke)
E 7 Ben Gordon (UConn)
E/A 44 Adrian Griffin (Seton Hall)
B 12 Kirk Hinrich (Kansas)
A 38 Viktor Khryapa (Rusia)
A 5 Andrés Nocioni (Arxentina)
B 2 Thabo Sefolosha (Suíza)
AP 50 Michael Sweetney (Georgetown)
A 32 Tyrus Thomas (LSU)
P 3 Ben Wallace (Virginia Union)
(AL) - Axente Libre Chicago Bulls

[editar] Xogadores destacados

[editar] Membros do Hall of Fame

  • George Gervin
  • Robert Parish
  • Nate Thurmond

Michael Jordan e Scottie Pippen foron membros do Equipo Conmemorativo dos 50 anos da NBA, e espérase que se convirtan tamén en membros do Hall of Fame cando cumplan as condicións para ser elixibles.

[editar] Outros

  • B.J. Armstrong
  • Ron Artest
  • Tom Boerwinkle
  • Bob Boozer
  • Elton Brand
  • Jud Buechler
  • Bill Cartwright
  • Dave Corzine
  • Artis Gilmore
  • Horace Grant
  • Ron Harper
  • Craig Hodges
  • Steve Kerr
  • Toni Kukoč
  • Luc Longley
  • Bob Love
  • Brad Miller
  • Charles Oakley
  • John Paxson
  • Dennis Rodman
  • Jerry Sloan
  • Reggie Theus
  • Norm Van Lier
  • Chet Walker
  • Bill Wennington

[editar] Dorsáis retirados

  • 4 Jerry Sloan, B, 1966-76
  • 10 Bob Love, A, 1968-76
  • 23 Michael Jordan, E, 1984-93 e 1995-98
  • 33 Scottie Pippen, A, 1987-98 e 2003-04
  • Phil Jackson, Adestrador xefe, 1989-98
  • Jerry Krause, General Manager, 1985-2003

Nota: Jackson e Krause actualmente non teñen un dorsal retirado na súa honra, pero hai dúas pancartas colgadas do teito da cancha actual para homenaxearlles.

[editar] Galardóns

[editar] Premios

  • Michael Jordan - Xogador máis valioso nos anos 1988, 1991, 1992, 1996 e 1998.
  • Elton Brand - Co-Rookie do Ano no 2000.
  • Michael Jordan - Rookie do Ano en 1985.
  • Toni Kukoč - Mellor sexto home en 1996.
  • Phil Jackson - Adestrador do Ano en 1996.
  • Dick Motta - Adestrador do Ano en 1971.
  • Johnny Kerr - Adestrador do Ano en 1967.
  • Michael Jordan - Xogador defensivo do Ano en 1988.
  • Ben Gordon - Mellor sexto home en 2005.
  • Michael Jordan - Xogador máis valioso das finais en 1991, 1992, 1993, 1996, 1997 e 1998.

[editar] Récords

  • Mellor balance da historia cun 72-10 en 1996.
  • Máis partidos gañados consecutivamente: 44 dende 1994-95 a 1995-96.
  • Menos puntos por partido nunha tempada despois da 1954-1955: 81.9 en 1998-99.
  • Menos puntos nun partido despois da tempada 1954-55: 49, o 10 de abril de 1999.
  • Récord compartido de xogadores con máis de 40 puntos nun encontro: 2 , Michael Jordan con 44 e Scottie Pippen con 40 o 18 de febreiro de 1996 contra os Indiana Pacers.
  • Récord compartido de porcentaxe máis baixa de tiros libres anotados de ámbolos dous equipos nun partido: 0.410 cos Lakers o 7 de febreiro de 1968.
  • Récord compartido de máis faltas personáis nun só partido entre os dous equipo: 87 cos Portland Trail Blazaers o 16 de marzo de 1987.
  • Michael Jordan: máis puntos nun partido de playoffs: 63 contra os Boston Celtics o 20 de abril de 1986.
  • Michael Jordan: récord de partidos de playoffs consecutivos anotando máis de 20 puntos: 60, dende o 2 de marzo de 1989 ata o 11 de maio de 1993.
  • Michael Jordan: máis tiros libres anotados nun cuarto dun partido de playoffs: 13 contra os Detroit Pistons o 21 de maio de 1991.
  • Michael Jordan: máis tiros libres anotados nun cuarto dun partido de playoffs: 13 contra os Detroit Pistons o 21 de maio de 1991.
  • Michael Jordan: máis triplas anotadas nunha mitade dun partido de playoffs: 6 contra os Portland Trail Blazers o 3 de xuño de 1992.
  • Will Perdue Récord compartido de menos minutos xogados nun partido de playoffs por un xogador descalificado por faltas: 7 contra os New York Knicks o 14 de maio de 1992.
  • Michael Jordan: máis puntos nunha serie de playoffs a tres encontros: 135 contra os Miami Heat en 1992.
  • Michael Jordan: máis puntos nunha serie de playoffs a cinco encontros: 226 contra os Cleveland Cavaliers en 1998.
  • Michael Jordan: máis tiros de campo nunha serie de playoffs a tres encontros: 53 contra os Miami Heat en 1992.
  • Michael Jordan: máis tiros de campo nunha serie de playoffs a cinco partidos: 86 contra os Philadelphia 76ers en 1990.
  • Michael Jordan: máis tiros de campo nunha serie de playoffs a seis partidos: 101 contra os Phoenix suns en 1993.
  • Récord compartido: Máis xogadores que anotaron menos de dez puntos nun encontro de playoffs: 4 cos Miami Heat o 24 de maio de 1997,
  • Pocentaxe de rebotes defensivos máis altos nun encontro de playoffs: 0.952 contra os Golden State Warriors o 30 de abril de 1975.
  • Récord compartido: Porcentaxe de tiros libres máis alto dun equipo en playoffs: 1.000 contra os Cleveland Cavaliers o 19 de maio de 1992.

[editar] Curiosidades

  • Os Bulls usan a canción On the Run de Pink Floyd cando presentan ós xogadores do equipo visitante.
  • Para a presentación dos xogadores dos Bulls, a organización utiliza a canción Sirius de The Alan Parsons Project.

[editar] Vexa tamén

  • Rivalidade Bulls-Knicks da década dos 90.
  • Ray Clay, locutor de cancha.
  • Tom Dore, locutor de televisión.
  • Wayne Larrivee, locutor de televisión.
  • Neil Funk, locutor de radio.
  • Benny the Bull, mascota.

[editar] Ligazóns externas

NBA
Conferencia Leste
División Atlántica: Boston Celtics | New Jersey Nets | New York Knicks | Philadelphia 76ers | Toronto Raptors
División Central: Chicago Bulls | Cleveland Cavaliers | Detroit Pistons | Indiana Pacers | Milwaukee Bucks
División Sueste: Atlanta Hawks | Charlotte Bobcats | Miami Heat | Orlando Magic | Washington Wizards
Conferencia Oeste
División Noroeste: Denver Nuggets | Minnesota Timberwolves | Portland Trail Blazers | Seattle SuperSonics | Utah Jazz
División Pacífica: Golden State Warriors | Los Angeles Clippers | Los Angeles Lakers | Phoenix Suns | Sacramento Kings
División Suroeste: Dallas Mavericks | Houston Rockets | Memphis Grizzlies | New Orleans/Oklahoma City Hornets | San Antonio Spurs
NBA All-Star Game | NBA Draft | Cadros de xogadores actuais dos equipos NBA | División Medio-Oeste
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu