Comuna de García Rovira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Comuna de García Rovira é unha das 17 divisións administrativas da cidade de Bucaramanga, Colombia. Debe o seu nome a Custodio García Rovira, militar e patriota nacido no lugar.
García Rovira localízase no centro de Bucaramanga, entre as rúas 24 e 47 e as avenidas 7w e 15. Entre os edificios da comuna destacan a da Alcaldía Maior de Bucaramanga, a da Gobernación de Santander, o Pazo de Xustiza, a Casa de Luis Perú de la Croix, Casa de Cultura Custodio García Rovira e a Igrexa de San Laureano.