Correxemento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Subdivisión administrativa de Colombia de nivel intermedio entre o departamento e a vereda. Administrativamente é o lugar que tén un caserío onde os municipios descentralizan os seus servizos. Neste tipo de estruturas sociais e administrativas, pódese atopar parroquias, postos e inspeccións de policía, xunto con outros servizos que a municipalidade desexe descentralizar, sexa por esixencias da poboación local, sexa por que a distancia dende este caserío ó casco urbano é demasiado grande para ser percorrida en caso de emerxencia. Polo xeral, comprenden a moita xente baixo a súa administración e teñen varias veredas na sua xurisdición. Correspóndese co que no español de Colombia se di "corregimiento".
Respecto á súa tradución ó galego, cómpre dicir dúas cousas:
- podería pensarse que procede do "corregir" que en galego significaría corrixir, pero existe outra opción máis lóxica;
- a idea con máis posibilidade canto ó seu significado é supoñer que a súa etimoloxía vén máis ben de "co-regir", que en galego significaría co-gobernar, co-rexer, administrar a un mesmo tempo. A tradución proposta baséase así na conservación da vogal temática.