Delfinado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Delfinado é unha antiga provincia francesa, que se corresponde aproximadamente cos departamentos de Isère, Drôme e Altos Alpes.
As súas capitais sucesivas foron Vienne, Valence e Grenoble.
O Delfinado foi primeiramente un estado independente, formando parte do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O seu soberano levaba o título de delfín de Viennois. O derradeiro delfín independente, Humberto II, sen herdeiro, vendeu a súa provincia ó rei Filipe VI de Francia, o 30 de marzo de 1349, polo tratado de Romanos. A partir daquela, o Delfinado converteuse en posesión do herdeiro ao trono de Francia, que levará o título de delfín.
Luís XI foi o primeiro delfín en residir na súa provincia e en gobernala.
O Dauphiné libéré é un xornal con sede en Grenoble e que se difunde por toda a rexión de Ródano-Alpes e no norte da de Provenza-Alpes-Costa Azul.