Dirección
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liña que une dous puntos, podéndose seguir en dous sentidos. Xeralmente aplícase a unha recta ou xeodésica). A dirección nas liñas rectas é constante, pois non se crea ningún ángulo a medida que se lle van dando valores á función que a describe. Porén, nas liñas curvas a direccións pode ser distinta en cada punto: á dirección de cada punto se lle adoita chamar tanxente e matemáticamente se calcula co valor da derivada en cadanseu punto.
Na sinalización das obras públicas, principalmente na rede viaria, serve para indicar o camiño que se debe utilizar para chegar un lugar determinado. É moi habitual sinalizar as direccións nas rotondas e nas saídas das autovías, autoestradas e outras vías principais, así coma naquelas estradas e pistas que non presentan desviacións durante un longo tramo do seu percorrido.
Non debe confundirse con enderezo, palabra utilizada nos ámbitos informáticos ou postais para indicar as señas finais para a localización dunha entidade.