Ediciós do Castro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Editorial galega fundada en Sada ao amparo da fábrica de cerámica de Sargadelos. Valentemente animada pola personalidade de Isaac Díaz Pardo trala morte de Luis Seoane e Andrés Fernández-Albalat, edita libros en galego e castelán case sempre sobre temas relacionados con Galicia, principalmente sobre a Guerra civil española e a emigración, en concreto agrupados boa parte deles na colección Documentos. Os seus ISBN máis habituais son 84-7492 e 84-8485.