Efecto Stroop
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Descrición
Chámaselle efecto Stroop a un tipo de interferencia cognitiva entre a percepción, a emisión lingüística debido á falta de correlación semántica, que aparece coma consecuencia da automaticidade na lectura (e na fala). Isto acontece cando o significado lingüístico da palabra que se ve interfire (por entrar en contradición) co significado semiótico visual. O exemplo habitualmente empregado é un test de velocidade. Se nos pedisen dicir de que cor está escrita a seguinte verba non habería maior problema:
Neste caso a asociación cognitiva é neutra, xa que os ordenadores poden ser de varias cores (negro, branco, vermello, azul) e non hai ruido informativo. Aínda así existe un certo grao de interferencia: cando centramos a vista nunha transcrición, o noso cerebro executa automaticamente o acto de ler, e por iso tendemos á lectura antes que a calquera outra cousa. Se probamos a enunciar a cor da letra con que está escrito outro tipo de lexemas, pode darse o caso do exemplo:
Agora hai un reforzamento do input lingüístico: o semema lingüístico asociado á escrita (lembremos que a escrita é un sistema de comunicación substitutorio, case sempre depende da lingua falada) é unha cor que coincide coa da letra. A velocidade de reacción do individuo testado non tén por que variar e mesmo pode aumentar. O caso contrario é moito máis significativo:
A velocidade de reacción do individuo diminúe e a nosa tendencia é a dicir que a palabra AMARELO está escrita en amarelo, cando en realidade está escrita en azul. A nosa atención é selectiva e podemos controlala segundo o que nos interese prestando voluntariamente máis concentración a determinados aspectos nun momento dado. Estas asociacións poden darse no nivel puramente denotativo (se se escriben nomes de cores), connotativo (se se escriben obxectos que teñen normalmente sempre a mesma cor: herba verde, ceo azul, etc.) ou asociativo concreto (se a cultura do individuo establece relacións previas á realidade: rosa vermella) ou abstracto (verde esperanza, futuro negro). Nembargantes, a automaticidade da lectura inflúe noutras actividades cognitivas (a interpretación e a fala): se o texto estivese escrito en alfabeto ruso ou en alfabeto árabe, non habería tal grao de interferencia.
[editar] Exemplo
O valor da interferencia obsérvase máis considerablemente canta maior é a batería de lexemas seguidos utilizados. Para poder autoavaliarse, preséntase unha batería de exemplos nos cales debe dicirse oralmente o máis rápido posible en que cor están escritos:
Unha derivación independente da lectura deste efecto é o seguinte chiste-adiviña:
- ¿De que cor son os ovos fritidos? (E o interlocutor responderá branco)
- ¿De que cor son os papeis? (E o interlocutor responderá branco)
- ¿De que cor son os dentes? (E o interlocutor responderá branco)
- ¿De que cor son as neveiras? (E o interlocutor responderá branco)
- ¿Que beben as vacas? (E o interlocutor responderá leite, cando en realidade beben auga)
Este efecto psicolingüístico podería matizarse segundo o ambiente cultural, as asociacións e os universais lingüísticos debido ás conclusións tiradas polo estudo dos universais semánticos publicado por Berlin e Kay no ano 1969. Está por ver aínda como se dá o efecto Stroop en individuos bilingües en función do seu grao de competencia. Ademáis, inflúen outros factores psicolingüísticos, como a sinestesia, que non é máis ca un efecto Stroop continuado e permanente.
[editar] Ligazóns externas
[Estoutra é da U.N.E.D. e mide o tempo tentando analizar o factor asociativo en termos neutros]