English Electric Lightning
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O primeiro de dous prototipos P-1A con motores Sapphire voou o 4 de Agosto do ano 1954, e o moi mellorado P-1B, despois chamado Lightning, o 4 de Abril do 1957 e convirteuse no primeiro avión britanico que excedía Mach 2. Na práctica, dez escadróns basados en Gran Bretaña recibiron este interceptador todotempo armado con mísiles, veloz e equipado con radar, que supuso unha mellora respecto dos subsónicos Hunter e Javelin que substituíu. Duas unidades foron despregadas na RAF Germany, unha en Chipre e unha en Singapur. A meirande parte da frota de Lightning convirteuse ó Phantom a mediados dos anos 70, pero a Ala de Binbrook (Escadróns 5 e 11) aguantou ata o 1987 e 1988, no que realizou a transformación ó Tornado F.Mk 3.
[editar] Especificacións
Tipo: caza interceptador monopraza English Electric Lightning F.Mk 2A.
Construtor: English Electric
Ano: 1954
Principal usuario: Royal Air Force, Kuwait e Arabia Saudí.
Envergadura: 10,61 m.
Lonxitude: 16,84 m.
Altura: 5,97 m.
Área alar: 41,4 m2.
Peso baleiro: 12.719 Kg.
Peso cargado: 18.915 Kg.
Planta motriz: 2 Rolls-Royce Avon 301.
Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm sobre a proa e 2 máis abixo dela, e 2 AAM Firestreak baixo o fuselaxe.
Velocidade máxima: Mach 2,27
Alcance operacional: 373 millas