Epéntese
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dise do fenómeno fonético ou fonolóxico consistente na adición dun son ou fonema na posición media dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou diacronicamente en diferentes variedades diatópicas.
Un exemplo pode ser o paso de de aldea a aldeia ou de a alma a a i-alma. Este último exemplo é moi habitual na lingua galega cologuial e denomínase "i epentético antihiático".
(cf. anaptixe)