Estrela Polar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Estrela Polar é unha estrela que pola súa posición no firmamento, directamente enriba dun dos polos da Terra, é utilizada para auxiliar a navegación. Estrela Polar pode referirse tanto a Estrela do Norte como a Estrela do Sur, aínda que a expresión sexa normalmente utilizada en referencia a Polaris, a estrela máis brillante da constelación Osa Menor (en latín: Ursa Minor), que é actualmente a Estrela do Norte.