Gladys Casely-Hayford
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gladys Casely-Hayford, coñecida tamén polo alcume literario de Aquah Laluah (Axim, 1904 - Freetown, 1950) foi unha escritora de Serra Leoa, iniciadora da literatura en krío.
Filla da escritora Adelaide Casely-Hayford, educouse en Gana e posteriormente estudou en Gales e tras a súa volta a África ensinou na Escola Vocacional de Nenas que fundara a súa nai en Freetown.
[editar] Obra
- Take'um so, 1948 (poesía en inglés e krío)