Marco Aurelio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caesar Marcus Aurelius Antoninus Augustus, emperador romano, nacido no ano 121 e morto no 180.
Índice |
[editar] Comezo do seu mandato
Antonino Pio asociara o seu goberno a Marco Aurelio. Nacido en Roma de familia hispana, este emperador que chegou ao poder aos 40 anos, pasou á historia como un eminente filósofo estoico, pero foi tamén un grande xurista, home de vasta cultura e un emperador cunhas altas cualidades de estadista, aínda que o período que lle tocou vivir non tivera a brillantez dos inmediatos anteriores. Con el péchase o período que ten definido como felicior aetas(a época mais feliz)
Cando foi elevado o imperio, Marco Aurelio posuía unha ampla experiencia de goberno, casi 15 anos como césar xunto ao seu predecesor. Compartira ese carrego con Lucio Vero, quen recibira o título de augusto. Esta organización do cumio do poder (un emperador,un césar e un augusto) era a garantia de continuidade. No 169, morreu Lucio Vero e Marco Aurelio asociou como augusto o seu fillo Cómodo, froito do seu matrimonio con Faustina, filla de Antonino Pio. Foi unha pésima eleción como amosaron os acontecementos que seguiron.
A historia tende a considerar este período como un punto de inflexión, tras o cal escomenza unha longa e lenta decadencia de Roma. A burocracia converteuse nun caparazón que asfixiaba o Estado e frustaba os logros e eficacia anteriores, e que a propia complicación adeministrativa e a política fiscal promoveron unhas diferenzas cada vez mais acusadas entre a cidade e o medio rural, aspecto que para moitos historiadores é causa a longo prazo da ruína do Imperio.
A realidade é que por unha serie de causas, o sistema de equilibrios que até entón facían posible a Pax Romana entrou en crise. As ameazas nas fronteiras multiplicábanse e a maquinaria do Estado perdía eficacia. O mantemento dun exército en continua loita nos dilatados limites do Imperio resultaba moi gravoso para a facenda publica e a produción comeza a exceder a capacidade de consumo.
[editar] A política exterior de Marco Aurelio
Marco Aurelio pasou boa parte do seu mandato volcado nos problemas exteriores e ausente de Roma. O rei parto Vologeso, que mantivera unha respetuosa distancia cos romanos no período anterior, reivindicou os seus dereitos sobre Armenia, invadíndoa no ano 161 e vencendo un exército romano. Non satisfeito con isto, invadiu Siria. O augusto Lucio Vero logrou mudar a situación, e ademais de recuperar Armenia, saqueou a capital parta Ctesifonte. A campaña parouse a causa dunha epidemia de peste que desmou as forzas dos dous bandos. Roma nunca máis voltou a impoñer a sua soberanía máis aló do Éufrates, pero por un tratado de paz, asegurouse que naquel intre a política de aqueles non entrara en conflito cos intereses romanos (166).
[editar] O problema xermano
Nas fronteiras do Danubio, a situación era moi preocupante, a causa da axitación dos pobos xermánicos (cuados, marcomanos, hermunduros). Sen que se saiba moi ben cal foi o desencadeante, varios destes pobos racharon as defensas romanas, atravesaron os Alpes e chegaron á cidade de Aquilea, unha fundación romana na cabeceira do Mar Adriatico, non lonxe da actual Venecia. Marco Aurelio e Lucio Vero venceron os cuados. Pouco despois, outros pobos, entre eles os marcomanos e os derrotados cuados, voltaron á ofensiva. Marco Aurelio trasladouse á rexión danubiana e permaneceu nela ao longo de seis anos, deica o 175. Foi entón cando escribiu, en grego, os seus Pensamentos, un clásico da filosofía estoica. Venceu os cuados e marcomanos no 172 e 175 respectivamente. Logo, voltou a Roma e substitiunos á fronte das tropas o seu fillo Cómodo, quen a penas contaba con 20 anos.
[editar] Morte
Marco Aurelio morre o 17 de marzo do 180 nunha expedición contra os marcomanos en Vindobona, a que é a actual Viena. A morte de Marco Aurelio marca, para moitos historiadores, o final da Pax Romana.
[editar] Véxase tamén
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Antonino Pío |
Marco Aurelio (161-180) |
Precede a: Cómodo |
Dinastía dos Antoninos |