Mediatriz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nun segmento AB, lugar xeométrico (conxunto) dos puntos que equidistan dos seus extremos: tódolos puntos da mediatriz teñen a mesma distancia ata A que ata B.
Graficamente calcúlase cun compás, determinándose coa intersección de dous arcos que teñan o seu centro nos extremos do segmento e o mesmo radio (superior á metade do segmento, se non non chegan a cortarse).