Nova Cembla - Нoвая Земля
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Novaya Zemlya (tamén chamada Nova Cembla; ruso: Нoвая Земля, Terra Nova) , é un arquipélago ártico ruso localizado entre o Mar de Barents a oeste e o Mar de Kara a leste. Situado próximo do continente, o territorio mais próximo é a illa de Vaygatch, a sudoeste, da cal está separado polo estreito Karskiye Vorota. Esta illa, á sua vez, está separada do continente por un estreito de preto de 10 km de largura.
A Nova Cembla compónse de dúas grandes illas - Serveny (Norte) e Yuzhny (Sur) -, separadas por un estreito canal, o Matotchkin Shar, e dun número considerable de illas adxacentes. Aínda que xeolóxicamente constitúa o prolongamento cara ao norte dos Montes Urais, o arquipélago é incluído na Europa.