Paul Anka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paul Albert Anka (30 de xullo, 1941, en Ottawa, Canadá) é un cantante canadiano-libanés.
Comenzou cantando nunha igrexa siríaca ortodoxa. En 1957 vai a Nova York para facer unha proba para a ABC cantando unha canción de amor, "Diana", que se converteu nun éxito instantáneo, un dos temas máis vendidos da historia da música, moitos adolescentes identificáronse coas letras das súas cancións.