Pulmón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os pulmóns son un órgano par, o máis importantes do aparato respiratorio, con aspecto de cono formados por un tecido esponxoso de cor rosa grisallo. Ocupan a maior parte do tórax.
[editar] Percusión
Os diferentes niveis de percusión nun paciente con enfermidade das vías respiratorias baixas mostran o estado de patoloxía do paciente
N:0 está completamente san, non hai patoloxía;
N:1 corresponde a unha broncopneumonía ou bronquite, xa é un estado patolóxico con inflamación a nivel de árbore bronquial;
N:2 o paciente cursa cunha pneumonía aquí como se ve na gráfica 1.1 pódese observar que tanto a cantidade de aire como o grao de lesión están a un 50% en;
N:3 encontramos patoloxías como o edema agudo pulmonar que xa é grave esta situación pois pode pasarnos ó seguinte nivel e pode morrer o noso paciente, Xa en;
N:4 hai un colapso dos pulmóns e sobrevén a morte do paciente, tanto o grao de lesión como a cantidade de aire están abatidos e xa non é compatible coa vida, pois xera hipoxia dentro das células causando un dano irreversible nestas.
Nota: Hai que valorar ó paciente, e este pode subir ou baixar de nivel de acordo á súa evolución ou exacerbación no cadro patolóxico do diagnóstico.
[editar] Embrioloxía dos pulmóns
Dende o punto de vista embriolóxico, o pulmón nace do intestino anterior, a partir da endoderma. Nas primeiras semanas de vida fórmase unha pequena xema a partir da cal se xera toda a árbore tráqueo-bronquial. A xema rodéase dun estroma que dará orixe ás estruturas de sostén. Así mesmo derivará nunha cavidade que formará as pleuras.
Os pulmóns están cubertos por unha membrana chamada pleura e están separados o un do outro polo mediastino.
O pulmón dereito está dividido en tres partes, chamadas lóbulos. O pulmón esquerdo ten dous lóbulos.
- Teñen ó redor de 300 millóns de alvéolos, tendo unha superficie total de redor de 140 m² en adultos (aprox. a superficie dunha pista de tenis).A capacidade pulmonar depende da idade, peso e sexo- está no rango entre. 4,000-6,000 cm3.As mulleres acostuman ter redor do 20-25 % máis baixa a capacidade pulmonar.
A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue, por iso os alvéolos están en estreito contacto con capilares. Nos alvéolos prodúcese o paso de osíxeno dende o aire ó sangue e o paso de dióxido de carbono dende o sangue ó aire. Este paso dáse pola diferenza de presións parciais de osíxeno e dióxido de carbono entre o sangre e os alvéolos
[editar] Véxase tamén
- Pneumoloxía
- Aparato respiratorio