Río Sionainn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Sionainn | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Altitude da fonte: | 600 msmn | |||||
Lonxitude: | 320 qm | |||||
Caudal medio: | ||||||
País: | Irlanda | |||||
Desemboca | Océano Atlántico |
O Río Sionainn (en inglés Shannon) é o río máis longo de Irlanda. Divide o Oeste da illa (maioritariamente a provincia de Connacht) do leste e do sur (Leinster e a maioría de Munster). O río ten sido dende a antiguedade unha importante vía de comunicación. Por vez primeira plasmado nun mapa por Ptolomeo, o longo río de 386 km (240 millas) flúe xeralmente cara o sur dende Lag na Sionna no Condado de Chabháin antes de torcer ó oeste e vaciarse no Océano Atlántico a través do longo Estuario do Sionainn de 113 km (70 mi). A cidade de Luimneach (en inglés Limerick) érguese no punto no que a auga do río se xunta coa do mar no estuario.