Richard Leakey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Richard Erskine Frere Leakey (nado en 1944), fillo de Louis e Mary Leakey, é un paleontólogo e conservacionista queniano de orixe británica.
Leakey comezou a súa carreira seguindo os pasos dos seus pais, coa descuberta dos fósiles de hóminidos na África Oriental, entre os que destaca o neno de Turkana, atopado en Koobi Fora, preto do Lago Turkana, dunha antigüídade de 1'5 millóns de anos. É o esquelete de Homo erectus máis completo que se atopou ata o de agora. Leakey e Roger Lewin describiron este descubrimento e a súa interpretación no seu libro Origins Reconsidered (1992).
En 1989 o presidente de Quenia, Daniel Arap Moi nomeouno xefe do Kenyan Wildlife Service (KWS), en resposta ás críticas internacionais pola progresiva desaparición dos elefantes e o impacto que estaba tendo na vida salvaxe do país. Leakey creou unidades ben armadas e adestradas para loitar contra da caza ilegal, que procuraba o marfil, do elefante, que resultaron moi eficaces, pero que tamén lle ocasionou incontables enemizades con parte da poboación e políticos locais pola firmeza en aplicar a súa política e polo seu carácter incorruptible.
En 1993 Leakey perdeu ambas as pernas nun accidente de avioneta, sospeitouse que fora unha sabotaxe, pero non se puido probar, diante o anuncio do goberno queniano de evidencias de corrupcións no KWS, Leakey dimitiu en xaneiro de 1994. Foi reemprazado por David Western. As súas experiencias no KWS contounas no seu libro Wildlife Wars: My Battle to Save Kenya's Elephants (2001).
En maio de 1995 Richard Leakey uníuse a un grupo de intelectuais quenianos para lanzar un novo partido, Safina, do que foi secretario xeral e deputado dende 1997. En 1999 a insistencia internacional nomeou a Leakey secretario do gabinete e xefe do servizo civil, posto no que permaneceu ata 2001.