Sonda Cassini-Huygens
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cassini-Huygens e unha sonda espacial feita en colaboración entre NASA, a Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial Italiana. Foi lanzada o 15 outubro de 1997 ás 08h43 UTC de Cabo Cañaveral, Estados Unidos, sobre un cohete Titan-IVB/Centaur.
A viaxe cara a Saturno fíxose usando catro veces a asistencia gravitacional : Venus o 27 abril de 1998 e 24 xuño de 1999, a Terra o 18 agosto de 1999 e Xúpiter o 30 decembro de 2000.
A duración nominal da misión a partir da súa chegada ó sistema planetario é de catro anos, ata xullo de 2008.
Índice |
[editar] A sonda
Cassini-Huygens e unha sonda de 5650 kg (peso no lanzamento) composta de dous módulos: Cassini ela mesma, feita para a exploración do sistema planetario de Saturno, e Huygens, un módulo destinado a entrar na atmosfera de Titán, a lúa máis grande de Saturno.
[editar] Xúpiter
[editar] Cassini
A sonda Cassini, foi feita pola NASA en colaboración coa ESA (para o módulo de ligazón de Huygens, a PSE, chamado así por 'probe support equippment', equipo de soporte de probas) e a Axencia Espacial Italiana (para a antena de comunicación e alta gañancia). Foi chamada así polo astrónomo Jean-Dominique Cassini que estudou os aneis planetarios de Saturno en detalle e descubriu algunhas das principais lúas do planeta xigante (Iapeto, Rhea, Tetis e Dione).
A sonda chegou en xuño de 2004 ós arredores de Saturno, e comezou o seu programa de catro anos coa visita de Febe, a lúa coñecida máis distante de Saturno, o 11 xuño 2004. A inserción na órbita saturniana efectouse o 1 de xullo de 2004 cunha serie de manobras que a levaron a cruzar os aneis de Saturno (entre os aneis F e G) e a achegarse a aproximadamente 18.000 km de Saturno (ou seña, só 0,3 veces o radio de Saturno), o que non se reproducirá xa durante o conxunto da duración da misión.
A propia misión inclúe 74 órbitas arredor do planeta xigante, incluíndo 44 sobrevoos de Titán, así como numerosos voos das outras lúas de Saturno.
Cassini transporta a bordo 12 instrumentos científicos :
- Cassini Plasma Spectrometer (CAPS) (espectómetro de plasma Cassini)
- Cosmic Dust Analyzer (CDA) (analizador de pó cósmico)
- Composite Infrared Spectrometer (CIRS) (espectrómetro de infravermellos composto)
- Ion and Neutral Mass Spectrometer (INMS) (espectrómetro de ións e masa neutra)
- Imaging Science Subsystem (ISS) (subsistema de xestión de imaxes científicas)
- Dual Technique Magnetometer (MAG) (magnetómetro de técnica dual)
- Magnetospheric Imaging Instrument (MIMI) (instrumento magnetosférico de imaxes)
- Radio Detection and Ranging Instrument (RADAR) (instrumento de radio detección e medición de distancias)
- Radio and Plasma Wave Science instrument (RPWS) (instrumento científico de radioondas e ondas de plasma)
- Radio Science Subsystem (RSS) (subsistema de radio científica)
- Ultraviolet Imaging Spectrograph (UVIS) (espectrógrafo ultravioleta de imaxes)
- Visible and Infrared Mapping Spectrometer (VIMS) (espectrómetro trazador de mapas de luz visible e infravermella)
[editar] Huygens
Cassini serve tamén de transporte a Huygens, un módulo de exploración de 318 kg destinado a penetrar na atmosfera de Titán, a lúa máis grande de Saturno, cunha composición de hidrocarburos. O seu nome provén de Christiaan Huygens, que descubriu o satélite en 1655.
Huygens será ceivado por Cassini o 25 decembro de 2004 nunha viaxe de 22 días cara a Titán, cunha chegada prevista o 14 xaneiro de 2005. Os seus instrumentos a bordo do Huygens permitirán o coñecemento dos detalles da composición química da atmosfera, e despois da propia superficie -se ben non está deseñada para soportar moito tempo a atmosfera de Titán-. A sonda continuará a emitir (cunha producción de preto de 8 kbit/s) ata o esgotamento das suas baterias, ou cando Cassini (que serve de ligazón coa Terra), estea fora do alcance da súa recepción. A duración aproximada será de duas horas, a dúas horas e media a partir da entrada na atmosfera de Titán. Huygens será o primeiro obxeto realizado polo home que se pousará sobre un corpo celeste do Sistema Solar exterior (máis aló do Cinto de Asteroides).
Huygens está composta de dous módulos, o Modulo de entrada (ENA, ENtry Assembly) e o Módulo de descenso (DM, Descent Module). O primeiro asegura o transporte do segundo despois da separación de Cassini cara a Titán, serve de protección térmica na inserción na atmosfera de Titán, e retrasa a sonda co seu paracaídas ata a liberación do Módulo de descenso. Este contén toda a instrumentación científica, así coma os seus propios paracaídas para a aterraxe e os controis de orientación da sonda.
A instrumentación do Huygens situada no Módulo de descenso inclúe os seguintes módulos:
- Huygens Atmospheric Structure Instrument (HASI) (instrumento de estructura atmosférica do Huygens )
- Doppler Wind Experiment (DWE) (experimento do vento Doppler)
- Descent Imager/Spectral Radiometer (DISR) (radiómetro descendente de imaxe/espectral)
- Aerosol Collector and Pyrolyser (ACP) (aerosol colleitador e pirolizador)
- Gas Chromatograph and Mass Spectrometer (GCMS) (cromatógrafo de gas e espectómetro de masas)
- Surface Science Package (SSP) (Conxunto científico de superficie)