URL
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
URL son as siglas de Uniform Resource Locator, Localizador Uniforme de Recursos. Tamén se utiliza URI (o mesmo, pero con "identificador").
É un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, dirección de correo eletrónico, enciclopedia ...) accesible nunha rede.
Normalmente unha URL consta de dúas partes:
- Identificador do método de acceso (protocolo) ó recurso, por exemplo
http:
,mailto:
,ftp:
- Nome do recurso, por exemplo "//gl.wikipedia.org"
Véxase tamén URI, termo que engloba o concepto de URL e que fai que este estea cada vez máis en desuso.