Vitoria pírrica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cando os romanos quixeron conquista-la Magna Grecia durante o proceso de unificación da Península Itálica anterior ás guerras púnicas, tiveron que loitar contra Pirro, rei do Épiro. Este conseguiu dúas victorias fronte ós romanos, pero con tal cantidade de baixas que máis ben poderían ser consideradas derrotas. Este tipo de victorias dende aquela chámanse victorias pírricas.