Xoán II Comneno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán II Comneno, emperador bizantino (1118-1143), fillo e sucesor de Aleixo I Comneno. Interveu na Península Balcánica esmagando aos restos dos pechenegos (1122), e interveu tamén en Hungría e Serbia. Menos éxito tivo na súa intervención nas loitas entre pisanos e xenoveses, sen lograr axuda de ningún para aliviar o dominio veneciano do comercio bizantino. En Oriente logrou impoñer a súa autoridade sobre o principado de Antioquía, e sobre os estratéxicos condados de Edesa e Trípoli. Planeaba o avance cara a Palestina cando foi ferido mortalmente nun accidente de caza. Home enérxico, aínda que flexíbel, dotado de sentimentos humanitarios, foi considerado polos seus contemporáneos como o mellor da dinastía Ducas-Comneno.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Aleixo I Comneno |
Xoán II Comneno (1118-1143) |
Precede a: Manuel I Comneno |
Dinastía Ducas-Comneno |