Xogos Olímpicos de 1972
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XX Olimpíada | |
---|---|
Múnic 1972 | |
Estados Participantes | 121 |
Atletas | 7124 |
Eventos | 195 en 23 deportes |
Cerimonia de Apertura | 26 de agosto |
Cerimonia de Clausura | 11 de setembro |
Apertura oficial | Gustav Heinemann |
Xuramento do Atleta | Heidi Schüller |
Entrada do Facho Olímpico | Günther Zahn |
Local | Olympiastadion |
Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas.
Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada maravillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco árabes do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns. O que se seguiu, coa paralización temporal dos Xogos e a morte de todos os reféns israelís, ficou coñecido como o Masacre das Olimpíadas de Múnic.
Con todas as bandeiras dos países participantes a media hasta e unha misa no estadio olímpico en honra das vítimas, após 34 horas de interrupción os Xogos voltaron a reanudarse, despois da insistencia e a célebre frase do Presidente do COI, Avery Brundage: “Os Xogos deben continuar!”
Índice |
[editar] Curiosidades
- O grande nome de Múnic e un dos maiores de todos os Xogos Olímpicos foi o do nadador norteamericano Mark Spitz. Campión olímpico de sete probas de natación, Spitz tamén quebrou a marca mundial de todas elas, nunha fazaña insólita no deporte. Ademais, dúas desas medallas e marcas foron conquistados na piscina no mesmo día e con apenas unha hora de diferenza entre elas. A súa fazaña xamais foi igualada e o transformou no maior nome da natación mundial de todos os tempos.
- O finlandés Lasse Viren conquistou o ouro nos 5.000 e nos 10.000m, este último de maneira sensacional, caíndo ó chan despois dun choque no medio da proba e recuperándose non só para gañar a proba, senón tamén para batir a marcae mundial. Viren gañaría novamente as mesmas probas en Montreal catro anos despois, nun dobrete espectacular, sendo o único atleta en ter conquistado catro medallas de ouro nas dúas probas olímpicas de pista de longa distancia, o chamado double-double.
- O tiro con arco e o balonmán foron reintroducidos no programa olímpico.
- Os Xogos de 1972 tiveron por primeira vez unha mascota, o cachorriño Waldi.
- Por primeira vez o xuramento olímpico tamén pasou ser feito polos xuízes.
- Os velocistas americanos Ray Robinson e Eddie Hayes, favoritos na proba dos 100m lisos, gañaron facilmente as súas primeiras eliminatorias mais dormiron demais, perderon a hora da semifinal, foron eliminados e tiveron que asistir pola televisión da vila á vitoria do soviético Valery Borzov, que tamén gañou a proba dos 200m.
- Os norteamericanos, campións de baloncesto dende os Xogos de 1936, na máis absoluta supremacía que unha única nación tivoe sobre determinado deporte olímpico, viron como se lles escapaba a medalla de ouro nestes Xogos, nunha final emocionante contra a Unión Soviética, na que perderon de 51-50 grazas a un polémico erro na contaxe do tempo, que permitiu ós soviéticos unha canastra no último segundo. Revoltados co acontecido, os estadounidenses se recusaron a recibir as medallas de prata, que até hoxe se encontran gardadas nun cofre na sede do COI, en Suíza. Para os soviéticos, eternos sub-campións nesa disputa do baloncesto cos americanos, esta conquista tivo tamaña importancia e alegría, que oito anos despois, nos Xogos Olímpicos de 1980, o capitán deste equipo de Múnic, Aleksander Belov, tivo a honra de entrar no estadio empuñando o facho olímpico na cerimonia de apertura.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 50 | 27 | 22 | 99 |
2 | Estados Unidos | 33 | 31 | 30 | 94 |
3 | Alemaña do Leste | 20 | 23 | 23 | 66 |
4 | Alemaña do Oeste | 13 | 11 | 16 | 40 |
5 | Xapón | 13 | 8 | 8 | 29 |
6 | Australia | 8 | 7 | 2 | 17 |
7 | Polonia | 7 | 5 | 9 | 21 |
8 | Hungría | 6 | 13 | 16 | 35 |
9 | Bulgaria | 6 | 10 | 5 | 21 |
10 | Italia | 5 | 3 | 10 | 18 |