Xosé Bonaparte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Naceu en Corte (Córcega), o 7 de xaneiro de 1768. Morreu en Florencia o 28 de xullo de 1844.
Irmán maior do emperador Napoleón Bonaparte de Francia.
Estudiou leis en Pisa (Italia). En 1796 tomou parte na campaña de Napoleón en Italia. Ó ano seguinte, durante a I República francesa, actuou coma diplomático, primeiro na corte de Parma e despois en Roma. Foi membro do Consello dos Cincocentos, o órgano lexislativo inferior na época do Directorio, en 1798. Durante as Guerras Napoleónicas actuou coma enviado do seu irmán e firmou tratados con Estados Unidos, Austria, Gran Bretaña e o Vaticano. Dende 1806 ata 1808, José Bonaparte gobernou o reino de Nápoles por nomeamento do seu irmán.
[editar] Reinado en España
O 6 de xullo de 1808, o seu irmán nombrouno rei de España. A súa chegada a Madrid ocorreu en plena Guerra da Independencia, tras a sublevanción popular do 2 de maio contra as tropas napoleónicas.
Promulgou a Constitución de Baiona nun intento de gañarse o apoio dos ilustrados españois (os chamados afrancesados), sen lograr facer triunfar o seu programa reformista do seu goberno. O feito de que fora imposto polo invasor, así como a súas medidas liberais e ilustradas, toparon coa hostilidade popular e lle enaxenaron o apoio do pobo español, incluso de moitos dos propios ilustrados.
[editar] Derrota
José tivo que fuxir ante a derrota das tropas francesas na batalla de Bailén. A intervención do propio emperador Bonaparte, xunto co groso do seu exército, consegiu que puidera establecer o seu goberno na capital.
Tras a derrota na batalla dos Arapiles, o 22 de xullo de 1812, abandonou Madrid para ir ata Francia; ó seu paso por Vitoria, foi alcanzado polas tropas do duque de Wellington que derrotaron ó seu exército. Saíu de España definitivamente o 13 de xuño de 1813 sen o seu valioso "equipaxe", que consistía nas xoias da coroa española e obras de arte, para refuxiarse en Francia, onde permaneceu ata a caída de Napoleón Bonaparte.
[editar] Últimos anos
Trasladouse entón a Estados Unidos, onde se construíu unha mansión en Point Breeze, Filadelfia, luxosamente amoblada e cuha impresionante colección de libros raros e obras de arte; residíu alí, sen a compaña da súa muller, que coidaba dos seus fillos en Europa, pero cunha amante estadounidense, có título de conde de Survilliers, entregado a obras de beficencia e a protexer ós bonapartistas emigrados por medio da Masonería ata 1841, cando recibíu autorización para instalarse en Florencia. Morreu nesa cidade en 1844 pero o seu corpo foi soterrado en París.
Reino de España | ||
---|---|---|
Segue a: Carlos IV |
Xosé Bonaparte (1808-1813) |
Precede a: Fernando VII |
Bonaparte |
Reino de Nápoles | ||
---|---|---|
Segue a: Fernando IV |
Xosé Bonaparte (1806-1808) |
Precede a: Xoaquín |
Bonaparte |