Ácimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ácimo ou asmo é o pan feito sen lévedo, mestúrase fariña con auga para forma-la masa á que se lle engada sal e dáselle forma antes de metela no forno.
Denantes de se coñeceren os métodos para fermenta-la masa da fariña de trigo era moi popular o consumo do pan ácimo. En Arabia e o norte de África aínda é popular o pan ácimo seguindo os mesmo procedementos que se seguían hai séculos. Os xudeus elaboran o matzá que se consume para conmemora-la saída dos israelitas de Exipto durante a celebraciónd do Pésaj. Na India e Paquistán elabóranse tortas ácimas chamadas chapatis.
No catolicismo na elaboración de hostias consagradas para a celebración das misas emprégase masa ácima.