A Casa de 1906
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
{{{imaxe}}} | |
Formato | concurso-reality |
Duración | 1 hora |
Creación | Filmanova e Continental Producciones |
Desenvolvido por | Filmanova e Continental Producciones |
Produtora | Carlos Amoedo, Suso Gay, Barbara Zamuz, Martín Ramudo |
Presentación | non tiña |
País | Galiza |
Días de emisión | mércores, xoves e venres |
Horario de emisión | prime time nocturno |
Localizacións | Ambroa,(Irixoa) |
Cadea | TVG |
Número de series | 1 |
Numero de episodios | 24, mais un como se fixo. |
Web oficial |
A Casa de 1906 é o primeiro programa televisivo de telerrealidade feito en Galiza e consiste en situar dúas familias durante dous meses nunha contorna que reproduce a Galiza de principios do século XX. A premisa do programa é responder á pregunta: Podería unha familia actual sobrevivir na época dos nosos bisavós?
O programa é unha experiencia de supervivencia e convivencia que producen Filmanova e Continental para a TVG.
As familias habitan en dúas casas que reproducen con exactitude vivendas campesiñas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente nin comodidades actuais. A súa supervivencia depende do traballo e da súa capacidade de adaptación aos tempos dos seus antepasados. Visten roupas de época, alúmanse con candís, cociñan en lareiras, coidan do gando e traballan a horta coas ferramentas que había en 1906.
O programa contou co patrocinio da cervexa Estrella Galicia, que foi creada en 1906.
[editar] Primeira tempada
Foi gravada en dúas casas da parroquia de San Tirso de Ambroa, (Irixoa). nela participaron a familia Peña (do Temple e a familia González, de Padrón. A vitoria foi para a familia Peña por un 67.8% contra un 32.2%.
A emisión durou oito semanas, dende o 18 de outubro ata o 15 de decembro de 2006.