Albanelaría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A albanelaría é a técnica de colocación de pedras para a construción. Está relacionado con:
- cantaría: técnica de tratamento e golpeo da pedra para darlle forma, tanto na súa extracción coma para darlle formas xeométricas ou figurativas;
- cachotaría: sistema que consiste en xuntar pedras de formas irregulares;
- perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;
Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros ou os simples muros de pedra, a nosa arquitectura tradicional leva séculos construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia e/ou beleza.
[editar] Nomenclatura
As caras que conforman unha peza de perpiaño segundo a súa posición no edificio teñen uns nomes moi específicos no léxico galego, que son:
- paramento: é a cara que dá ó exterior;
- sobreleito: é a base sobre a que se apoia a pedra por gravidade;
- leito: é a cara oposta á base;
- xuntas: son os laterais da peza que contactan con outras pedras;
- trasdous: é a cara que dá ó interior da construción;
Loxicamente, as formas irregulares da cachotaría impiden que se dean uns nomes estables para cadansúas caras. De tódolos xeitos, cómpre dicir que o perpiaño é unha técnica máis moderna cá cachotaría, e pode incluír distintas técnicas con dificultade gradualmente maior, o cal mesmo permite datar relativamente restos arqueolóxicos (por exemplo, no Castelo da Rocha Forte).