Alejandro Antúñez Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alejandro Antúñez Vázquez é un escritor asturiano en lingua galega de Navia. Naceu no ano 1933 na vila de Navia e pertenceu ó grupo de teatro Don Antoni Loza, pregoeiro de numerosas festas da contorna. Escribiu a letra de Canto al río Navia, bilingüe en galego e asturiano.
En 1988 publicou un primeiro libro de poesía, Mochicas del meu llar. En 1996 deu ó prelo Papadíos de Navia, que recolle un feixe de relatos escritos ó longo dos anos noventa.
Nas súas obras, Antúñez escribe tal como se fala na súa vila, Navia, e na súa segunda obra segue a normativa editada polo Principado de Asturias en 1993.