Alfoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alfoz | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Alfocés - Alfocense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Mariña Central |
Área: | 78 km² |
Entidades de poboación: | 166 |
Capital do concello: | A Seara dende 1990 |
Latitude e lonxitude: | 43º 31' 42 Norte 07º 24' 50 Oeste |
Altitude máxima: | Monte Queimado 763 m. |
Altitude mínima: | - m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 2.312 hab. |
Densidade: | 29'6 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 7 (972 votos 57,58 %) BNG 1 (158 votos 9,36 %) PSdeG-PSOE 3 (545 votos 32,29 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | Antonio Gómez Rigueira (PP) |
Eleccións municipais en: 'Alfoz' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 2.358 - 100 % |
Votantes: | 1.708 - 73,46 % |
Abstencións: | 617 - 26,54 % |
Votos en branco: | 13 - 0,76 % |
Votos nulos: | 20 - 1,17 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | A Seada, s/n |
Teléfono: | 982 558581 |
Fax: | 982 558504 |
Código Postal: | 27773 |
Correo electrónico: | turismo@concellodealfoz.es- |
Sitio web oficial: | www.concellodealfoz.es- |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Mariña Central.
Limita cos concellos de: Foz, Mondoñedo, Abadín e O Valadouro.
Poboación en 2004: 2.312 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Alfocés - Alfocense
Índice |
[editar] Xeografía
Na xeografía de Alfoz percíbense dúas partes principais: no sur unha zona montañosa na que están as serras de Toxiza e do Xistral (altitudes na cota dos 800 m); a segunda zona o val do río Ouro con terras fértiles e abundantes precipitacións. E, entre ambas, unha zona de transición onde as altitudes descenden por debaixo dos 250 m.
Hidrografía: río Ouro, nace na serra do Xistral. Afluentes do río Ouro son: Beloi e Covas (pola dereita), Ferreira e Bao (pola esquerda).
Clima: é suave pola situación de abrigo que presenta o municipio respecto a os ventos reinantes. Temperaturas entre os 17ºC no mes máis quente e os 7,5ºC nos máis fríos. Este clima benigno favorece a vexetación dos seus vals donde predominan as especies de repoboación como o pino e o eucalipto.
Situacion xeografica da capital:
43º 31' 42 Norte
07º 24' 50 Oeste
Superficie: 78 Km2.
Montes:
A altitude media oscila entre os 180 m. de Lagoa e os 200 m. de Mor ata os montes Leboreiro con 672 m. e Pena do Boi con 600 m.
- Arnela (452 m.)
- Costa (192 m.)
- A Frouxeira (427 m.)
- Lagoa (180 m.)
- Leboreiro (672 m.)
- Monte Leboeiro (506 m)
- Monte Queimado (763 m.)
- Mor (200 m.)
- Pedrouso (588 m.)
- Pena do Boi (600 m.)
- Pico da Pedra (637 m.)
- Pico da Pena Muneite (674 m.)
- Pico Silloso (574 m.)
- Táboa do Souto (354 m)
Precipitacions: 1.000 mm.
Temperatura media: 11ºC
[editar] Historia
Dinse que o nome puidera proceder do árabe al-hawuz, que en galego medieval indicaba o territorio sobre o que tiña xurisdicción unha vila ou unha cidade. Alfoz - antes terra chan do Val de Ouro - é o nome co que se coñece o conxunto do termo municipal sen que corresponda a entidade concreta algunha.
Segundo os historiadores Villa-Amil e Castro, o Castro de Ouro foi o antigo Burio, ou o despois chamado Ourio. Tempo mais adiante Afonso IX concedeulle a Alfoz o foro de Benavente no ano 1220. Amor Meilán asegura como indudable que o territorio do castro foi reedificado por Mamed Vistremiro quen o herdara do presbítero Teodisedo. A sua morte pasou a varios sobriños ate que foi vendido, polos herdeiros arruinados, a Gutier Ganimir e, máis tarde, o Bispo de Mondoñedo, Armentario (983 - 1011). Nesta época inicianse os litixios entre o concello e o prelado. Estos preitos foron resoltos pola Coroa no seculo XV a favor do concello. Xa na época de Don Sancho II (1065 - 1072), as diferencias, foron en aumento, estiveron resoltas momentaneamente polo acordo entre o Bispo Alvaro I Gómez, o Concello e o Alcalde de Castro. Sen embargo non todo que aí. Un párroco da principias do século XX testemuñaba que estaba recollido na documentación ( do ano 897) que no ano 747 a parroquia de San Vicente da Lagoa quedara en testamento o enton Bispo Odoario xunto coa Vila Centoia.
Castro de Ouro, foi denomidana naquel entonces capital do concello, pero no ano 1990 trasladouse a Seara (no concello de Mor); ten gran importancia na historia de Galicia, xa que nunha das casas da aldea foi preso, logo de varios anos de enfrontamento cos partidarios dos Reis Católicos, o Mariscal Pardo de Cela, quen estivo reducido a fortaleza de A Frouxeira por Fernando de Acuña,(primeiro governador dos Reis Católicos en Galicia). Alí resistiu ate que, o día 7 de Decembro de 1483, foi traizoado por Elvira de Muras e outros vintedous criados, abrindolle as portas da fortaleza a Don Lois Marcos Mudarra, capitán do exército que a cercaba. Feito prisioneiro é conducido ate Mondoñedo en donde foi decapitado o día 23 do mesmo mes. Xa no ano 1840 Alfoz disolveuse para ser integrado no concello de O Valadouro, disolución que durou apenas un ano, xa que no 1841 volvia a estar constituida. Finalmente, reseñar que no seculo XVIII foi para Alfoz unha centuria de notable prosperidade económica. Todavía no ano 1787 funcionaban 99 teares cunha produción total de 4.066 varas. Igualmente, a agricultura, especialmente no sector vitícola alcanzaba pola mesma data unha produción de 977 arrobas.
Vestixios arqueolóxicos: Castro de Lagoa en Adelán. Pena Abaladoira en Pereiro.
[editar] Sociedade e economía
O concello de Alfoz ten 2.312 habitantes segundo o censo do 2004, e un movemento demográfico regresivo dende o censo de 1900 (ver cadro). A densidade de poboación sitúase nos 33,6 hab/Km2. A taxa de natalidade é baixa (inferior o seis por mil) e a taxa de mortaldade é alta (superior o doce por mil). Por tanto, o crecemento vexetativo é negativo e a poboación ten un progresivo envellecemento, onde o 22,7% dos habitantes son maiores de 65 anos.
Economía: Explotacións agrarias orientadas ao autoconsumo -nos últimos reducíuse a superficie de explotación-. Os principais cultivos son: millo, patacas, trigo e produtos hortofrutícolas alternados coas pradeiras. No sector gandeiro: gando bovino para a produción láctea (no 1995 había 1.924 cabezas) e o porcino (401 cabezas no 1995) todos eles en pequenas explotacions. Hai tamén unhas 1.500 cabezas de gando cabalar, a maior parte en estado salvaxe. Sendo as hectáreas adicadas a pastizais permanentes 921 fronte as de labradío que suman 444 hectáreas. A industria madereira é actualmente o principal recurso económico deste concello debido a súa importante superficie arbórea, sobre todo pino e eucalipto. Esta materia prima transfórmase nos aserradeiros que xeran moitos empregos e que estan sendo modernizados e adaptados á nova tecnoloxía. Outras empresas trascendentes son as relacionadas coa construción e transformados metálicos, montaxe de carrocerías e as extractivas. Actualmente desapareceu tanto a industria textil, que no seculo XVIII comprendía 99 teares que fabricaban varas de lenzo para vender fora de Galicia, coma o cultivo da vide. Industrias: extractivas, transformación madereira.
Evolución da poboación de: Alfoz - desde 1900 ata 2004 - | |||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1960 | 1981 | 1991 | 1995 | 2001 | 2003 | 2004 |
3.713. | 3.639. | 4.011. | 3.708. | 2.858. | 2.645. | 2.654. | 2.382. | 2.348. | 2.312. |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[editar] Arquitectura
Dentro da arquitectura relixiosa existen neste concello bos exemplos como os templos románicos: as igrexas de Santiago de Adelán, gótico como a Igrexa de San Salvador de Castro de Ouro e xa pertencentes ao seculo XVIII Santa María de Bacoi, Capela dos Remedios, San Vicente da Lagoa, Santa María de Pereiro, etc. Ademais consérvanse abundantes cruceiros diseminados por todo o municipio. Con respecto á arquitectura civil hai numerosos pazos e casas grandes como o Pazo de Carballido, o de Allegue, a casa do Pazo de Adelán, o Pazo de Escoura, o de Rizal ou o de Carrocide, a casa Grande de Cadeirido, entre outras. Mención aparte merecen tanto pola súa importancia histórica como artística o castelo de Castro de Ouro e a Torre de Adelán. Igrexas: Santiago de Adelán (s. XII), Santa María de Bacoi (s. XVIII), San Sebastián de Carballido (s. XVIII), San Salvador de Castro de Ouro (s. XV), San Vicente da Lagoa (s. XVIII; aínda que segundo testemuños hai documentos que a fan datar de antes do ano 747), Santa María de Pereiro (s. XVIII). Capelas: Capela dos Remedios e San Rosendo no Coto (s. XVIII). Pazos: Pazo de Carballido, Pazo de Basanta (s. XIV), Pazo de Allegue (s. XVIII), Casa do Pazo en Adelán, Pazo de Escoura, Pazo do Rizal, Pazo de Carrocide (s. XVIII). O Muíño do Pazo no Carballido, e o de Salvaterra en Adelán. Cruceiros de Acibro, Arnela, Caxigueira, Faián e Outeiro.
[editar] Feiras, festas e tradicións
Feiras:
- Feira do trece en Castro de Ouro (o día 13 de cada mes).
- Feira de Correlos (o primeiro mércores de cada mes).
- Feira de Santiago en Lagoa (o día 25 de Xullo).
Dentro das múltiples actividades culturais e deportivas que se poden realizar neste concello destacan as rutas de sendeirismo e outras máis amplas coma é a Ruta Pardo de Cela que percorre todolos lugares da Mariña vinculados co mariscal Pardo de Cela. Lugares de interese turístico son o ponte medieval chamado "A Ponte Vella" e sobre todo o mirador de A Frouxeira dende onde podese contemplar unha vista panorámica espectacular. A artesanía está representada na tradicional confección das típicas "zocas" de Carballido e Lagoa. A gastronomía ten nas troitas, o añogoto asado e o lacón os seus pratos máis típicos.
Festas e romarías:
- Santiago en Lagoa (o 25 de Xullo).
- San Cristovo en Mor (o primeiro domingo de Agosto; máis coñecida coma festa "dos Chóferes").
- San Pedro (os días 29 e 30 de Xuño) e as festas patronais (o día 12 de Agosto).
- Nosa Señora en Bacoi (derradeiro domingo de Xullo).
- San Sebastián en Carballido (os días 19 e 20 de Xaneiro).
- A rapa das bestas en O Pereiro-Guilfonso (a mediardes de Xuño).
- A Festa da Malla (que se celebra na Finca Galea).
No apartado etnográfico familiarizouse coa alma popular unha persoaxe histórica e lexendaria como é o Mariscal Pardo de Cela ate tal punto que é difícil discernir entre a lenda e o feito histórico. Aún así, quere a lenda que Pardo de Cela, señor da torre de Cela, A Frouxeira e outros lugares, aparezca enarborando a cruzada dos Irmandiños en contra do centralismo dos Reis Católicos ate que sendo traizoado polos seus criados que abriron as portas o exército de Mudarra que cercaba a sua inexpugnable Torre de A Frouxeira, foi feito prisioneiro co seu fillo e Pedro Miranda e finalmente decapitados na praza da catedral de Mondoñedo, a pesardes do indulto que había conseguido a sua muller.
[editar] Lugares de Alfoz
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Alfoz vexa: Lugares de Alfoz.
[editar] Parroquias de Alfoz
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||