Andrei Tarkovsky
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andrei Arsenyevich Tarkovsky (Андре́й Арсе́ньевич Тарко́вский) (Zavrazhie, 4 de abril de 1932 – París, 29 decembro de 1986). Cineasta ruso da segunda metade do século XX considerado un dos máis significativos na historia do cinema.
Índice |
[editar] Biografía
Andrei Tarkovsky, de nacionalidade rusa, nace en Zavrazhie, unha vila moi perto a Yurievets,ás beiras do río Volga. Esta cidade sitúase a uns 300 km ao Norleste de Moscova. O pai de Andrei foi o prominete poeta de orixe ucraína Arseni Alexandrovich Tarkovsky, súa nai era Maria Ivanovna Vishnakova. Os pais coñecéronse en Moscova, casaron e tiveron dous fillos, o maior foi Andrei e despois veu Marina, nacida dous anos despois do primoxénito. No ano 1935 a familia estableceuse en Moscova onde Arseny traballaba escribindo e como traductor e a mai era editora da casa mais importante da cidade. Pero no 1937 o pai deixou a familia para vivir con outra muller, cando Andrei tiña só catro anos, ainda que seguíu aportando diñeiro á súa primeira familia.
Tarkovsky medrou nun ambiente matriarcal, sendo criado pola súa avoa, a nai e a irmá. Durante a invasión nazi de Rusia a familia voltou a Yurievets, e durante dous anos estiveron alí recluídos, o que retrasou os seus estudos. No 1951 terminou o colexio e entrou no Instituto de Estudos Orientais, e tamén continuou coa música que estudaría durante sete anos. Traballou asimismo como xeólogo en Siberia. Finalmente debido a numerosas razóns desistíu de todas esas vias, sempre tivera unha grande inclinación pola arte e a literatura alimentada pola sua familia, e decidiu ingresar na Escola de Cine VGIK (Instituto de Cinematografía de tódolos estados da Unión Soviética) no que ensinou Eisenstein. Alí estudou durante 5 anos e coñeceu a moitos dos actores cos que colaborou ao longo da súa carreira, así como ao director de cine e profesor seu Mikhail Romm, este sería un grande apoio e influencia para Tarkovski durante moitos anos.
Andrei abandonu á súa primeira muller Irma, e o fillo Arseny, para casarse con Larisa en 1970 coa que tería o seu segundo fillo Andriuskha.
A súa primeira longametraxe oficial foi A infancia de Iván (1962) gañador do León de Ouro dese ano no Festival de Venecia, o que reportou o recoñecemento e fama internacional xa con o seu primeiro traballo. O segundo filme foi Andrei Rublev (1966), un filme épico acerca do mais famoso pintor de iconos medievais de Rusia. Este filme causou moita controversia co réxime comunista ao non estar moi claros os ideais plasmados, pese a que conseguiu a aprobación do guión, o resultado final non foi do agrado das autoridades rusas. A película foi enviada ao Festival de Cannes do 1967, pero non puido ser exhibida, xa que as autoridades rusas mandaron retirar a cinta. Esta foi devolta, pero conseguíuse facer unha copia. Sen embargo non era tan fácil exhibila coa URSS en contra. Tentouse negociar con Mosfilm, a productora rusa. Os soviéticos alegaban as inexactitudes cronolóxicas da cinta, e mais tarde a necesidade de acurtar certas escenas de contido violento. Os organizadores ameazaron con non acoller nunca mais unha película da URSS nos festivais.
Pero os principios de Tarkovsky eran moi sólidos, tiña formulada unha extensa teorización a partir de este filme, que despois iría limando e recompoñendo, pero que xa sentaba as bases do seu cine. Ao fin, no 1969, a película foi mostrada en Cannes, aínda que fora de concurso. Comezaban con esta cinta todas as tensións do cineasta co goberno do seu país, que influirían moito na súa traxectoria.
A seguinte película que vería a luz sería unha adaptación da obra do filósofo e escritor polaco Stanislav Lem: Solaris. Era unha obra de ciencia ficción algo posterior ó éxito de Stanley Kubrick, 2001: Unha odisea do espazo, baseada nunha obra de Arthur Clarke. O mesmo que o do tándem Kubrick - Clarke, aquel filme suscitou moitos debates filosóficos tanto na URSS coma noutros paises onde foi proxectada.
O espello (1975) foi a película a seguir, tamén realizada na Unión Soviética, e que marcaba claramente o carácter cinematográfico de Tarkovsky e os seus ideais estéticos. De novo foi obxeto de boicote do seu goberno, chegando case á desesperación. O filme foi tachado e relegado. Mais aínda así realizou outra longametraxe na URSS, titulada Stalker (1978). Por suposto toda a tensión acumulada, unida a imposibilidade de realizar a súa arte libremente e de ver como os seus filmes eran menosprezados, fixeron estalar ao cineasta. Andrei marchaba a Italia no 1982. Finalmente tiña a liberdade que desexaba. Alí realizou un documental para a RAI chamado Tempo de viaxe e, no 1983, o seu único filme rodado en italiano, Nostalxia (Nostalghia). Tarkovsky anuncia, tras a súa estancia en Italia, que nunca regresará a Rusia. A súa última longametraxe, Sacrificio, foi realizada en Suecia, e nela interviron moitos técnicos axudantes de Igmar Bergman, cineasta moi admirado por Tarkovsy. É o caso do director de fotografía do filme, Sven Nykvist. Este filme leva a sombra da enfermidade de Tarkovsky que o levaría á tumba, un cancro de pulmón, quizais por esas circunstancias, Sacrificio (1986) é considerado pola crítica como un dos filmes mais completos do autor. O último proceso de montaxe da película foi realizado prácticamente desde a cama, e finalmente, despois de intensa loita, morreu Andrei Tarkovsky en París, o 29 de Decembro de 1986.
[editar] Sobre a súa Obra
Tarkovsky era un apaixoado teórico, con ideas moi sólidas, formadas a través da súa experiencia nas diversas películas que realizou, así como a súa dura experiencia vital. Moitas destas ideas están recollidas en artigos diversos, entrevistas e, como non, no libro que escrebeu, aínda non traducido ao galego, pero disponible en castelán e outros idiomas: Esculpindo no tempo. Consideraba que a funcion da arte é ofrecer unha visión espiritual. E sempre xoga con termos como a memoria e o tempo. Visualmente sempre foi considerado un director excepcional. A súa fotografía é moi coidada, así como os encuadramentos dos planos, a luz, os tons e as súa famosas coreografías en planos longuísimos.
O director ruso xamais aceptou falar dun simbolismo na súa obra, ou en calquer outra obra dun director. Non falaba dunha simboloxía cerrada, ou de símbolos preestablecidos pola cultura. O que él pretendia era abrir o seu mundo interno nun sentido mais jungiano. Os simbolos, que nos seus filmes aparecen, chaman moito a atención do espectador e dos teóricos, e son elementos que se repiten ao longo da súa filmografía. Pero todos estes elementos proveñen do subconsciente do artista, que xeralmente é manifestado a través de símbolos. Tódalas imaxes que aparecen nas películas están abertas a interpretacións máis alá do que él podía prever.
Interesante é enumerar certo tipo de símbolos constantes na súa obra:
[editar] Filmografía
- O violín e a apisonadora / Katok i skripka (1960)- Realizada na Escola de Cinematografía VIGK.
- A infancia de Iván / Ivanovo Destvo]] (1962) - Gañadora do León de Oro no Festival de Venecia.
- Andrei Rublev (1966)
- Solaris (1972) - Baseada na novela de Stanislav Lem.
- O Espello / Zerkalo (1975)
- Stalker (1979) - inspirado nunha novela de Arkady e Boris Strugatsky.
- Tempo de Viaxe / Tempo di Viaggio (1982) - documental para a RAI, televisión italiana, coescrito con Tonino Guerra, frecuente colaborador de Michelangelo Antonioni.
- Nostalghia (1983) - Rodada en italiano.
- Sacrificio / Offret (1986) - Rodada en Suecia.
[editar] Produccións teatrais, Ópera
- Hamlet de Shakespeare (1977) - Teatro Lenkom, Moscú
- Boris Godunov, ópera de Mussorgsky (1983) - Covent Garden, Londres
[editar] Obra escrita
En versión castelá:
- Andrei Tarkovski, Esculpir en el tiempo. Reflexiones sobre el cine, trad. Enrique Banús, Rialp, Madrid 1991.
- Andrei Tarkovski, Esculpir el tiempo, ed. Rodolfo Peláez, tr. Miguel Bustos García, Centro Universitario de Estudios Cinematográficos, Universidad Nacional Autónoma de México, México D. F., 1993.
- Andrei Tarkovski, Andrei Rubliov (trátase do guión literario).Edicións Sígueme (2006), Col. «El peso de los días», nº 50
ISBN 84-301-1596-x - 288 páxinas.
[editar] Bibliografía
- Acerca de Andrei Tarkovski, por Marina Tarkovski, Traducción ó español, por J. L. Aragón, J. Gil Fernández y T. Pérez Hernández, Ediciones Jaguar, Madrid 2001, 271 páxinas.
- Stalker de Andrei Tarkovski. La metáfora del camino, por Antonio Mengs.Colección Ediciones Rialp. Madrid, 2004 - 143 páxinas.
- Andrei Tarkovski: El icono y la pantalla, por Pablo Capanna. Ediciones de la Flor / Buenos Aires 2003 - 315 páxinas
- Andrei Tarkovski: de la narración a la poesía, por Ángel Sobreviela. Fancy Ediciones, Valladolid, 2003 - 163 páxinas
- Andréi Tarkovski. Vida y obra, por Rafael Llano. Prólogo de Víctor Erice. Filmoteca de la Generalitat Valenciana. Colección Documentos, nº 11. Valencia, España, 2003 (Vol. I: 460 páxinas. Vol. II: 430 páxinas).