Antifón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antifón (Rhamnos, Ática ca 480 a.C. – Atenas 410 a.C:), un dos grandes oradores atenienses.
Fillo dun aristócrata e sofista ateniense, aprende a arte oratoria do seu pai e comeza unha carreira de logógrafo e sofista, fundou unha escola de retórica en Atenas, Tucídides foi un dos seus alumnos.
Participou na revolución oligárquica dos Catrocentos no 411 a.C., á caída do rexime, 410 a.C., xulgárono por traición, e a pesar do seu discurso apaixoado de defensa, condenárono a beber cegude.
[editar] Obras
A tradición abribúe 60 discursos a Antifón, conservamos seis enteiros e anacos de outros vinte. O primeiro discurso data de 430 a.C..
Considerado o fundador da elocuencia xudicial. Consérvanse tres Tetraloxías de pezas oratorias e tres discursos sobre homicidios.