Arnošt Váňa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arnošt Váňa (1909-1938) foi un esperantista eslovaco.
Aprendeu o esperanto sendo un neno e fíxose membro da Universala Esperanto-Asocio (UEA) desde o principio dos anos 30. En 1946 publicou o libro La internacia lingvo Esperanto e fundou a revista Esperantisto Slovaka en Žilina. En 1947 nunha granxa confiscada polo estado organizou unha cooperativa esperantista. Durante moitos anos foi presidente da Tutmonda Esperantista Vegetarana Asocio, a asociación internacional vexetariana esperantista e principal redactor do seu órgano Esperantista Vegetarano.