Arquiduque Francisco Xosé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Josef Karl von Habsburg), (Pazo de Schönbrunn, Viena, 18 de agosto de 1830 - id., 21 de novembro de 1916), Emperador de Austria, rei apostólico de Hungría e rei de Bohemia, entre outros títulos (2 de decembro de 1848- 21 de novembro de 1916). O sue reinado de 68 anos foi o terceiro máis prolongado da historia europea, despois de Luis XIV de Francia e Xuan II de Liechtenstein. O seu lema persoal era Viribus Unitis (Coa unión de forzas).