Audiovisual galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Os comezos
A primeira grabación da historia da filmografía galega foi unha o Entierro del general Sánchez Bregua, rodada na Coruña o 20 de xuño de 1897 (a segunda película española máis antiga tan só despois de Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza), rodada por José Sellier, e dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na Arxentina, México, Francia e Cuba. Nomes como Maruja Mallo, Carolina Otero ou Ignacio Quirós invaden as páxinas da revista Galicia Emigrante, como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. (¿Nome dun realizador coñecido que traballaba en México?). Desta época é tamén a relación do cine coa companía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os salesianos, creados por San Xoán Bosco teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesares da represión franquista, en Vigo, Ourense ou A Coruña. Daí saiu a primeira produtora-distribuidora dos nosos eidos (¿Filmax? ou ¿Ícaro?), que tiña no seu logotipo un dos illós das nosas costas.
[editar] A industria propia
Dende o primeiro filme comercial, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (pero sen esquecer que xa Antonio Román fixera un documental titulado O carro e o home, con guión de Xaquín Lorenzo), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da Compañía de radio e televisión de Galicia, implementáronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral necesariamente positivo. Facer que John Wayne cuspise e malxurase en galego ou que a escrava Isaura chorase nunha fazenda brasileira con saloucos galaicos foi un labor que nunca se eloxiará dabondo, pois o que hogano é normal foi daquela tan rechamante que tardou en deixar de ser comentado. A enorme variedade de eidos que se abriron (xunto cos deportes ou os telexornais) obrigou a un esforzo normativizador que nin aínda hoxe esta feito de todo.
Outro punto de mellora foi a aproveitamento de novas institucións. Creáronse centros de ensino ó nivel da Formación Profesional de grao superior, como o Centro Marcote de Vigo e outro centro (¿nome?) na Coruña, e departamentos oficiais, como o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Os últimos pasos máis destacables son a aposta pola produción propia: co fito na dirección do polifacético Antón Reixa, Mareas vivas, xurdiron unha nova grea de series que salpican a grella da programación, dende Pratos combinados ata como As leis de Celavella ou Libro de familia. Mesmo no mundo da animación dixital, o incremento da produción galega levou implicada a creación dunha empresa conveniada con Caixanova que xa conta con dúas producións moi vendidas no estranxeiro, O bosque animado e O soño dunha noite de verán (Dygra Films). En santiago, na filial de filmax, bren entertaintment estase a producir cine de animación de grn calidade, ca multimillonaria pelicula DonkeyXote, e conta ca coporduccion de títulos coma O Cid, Pinocho 3000, Gisaku e Perez.
[editar] Principais obras
As principais obras do audiovisual galego, tanto longametraxes coma curtametraxes e debuxos animados, son as seguintes:
- Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, en 1988, con Xosé Manuel Olveira 'Pico', Uxía Blanco, María Pujalte ou Loles León
- Continental, en 1988, de Xavier Villaverde
- Urxa, a terceira da tríada do 1988, de Carlos López Piñeiro
- Mamasunción, tamén de Chano Piñeiro
- O bosque animado, de animación dixital sobre un libro do coruñés Wenceslao Fernández Flórez
- Lena, rodada en parte no casco vello de Vigo
- Días de voda
- Érase outra vez
- A lénda da doncella
- A vida que che espera
- Os luns ao sol, sobre o mundo obreiro e o paro nos oitenta, con
- O lapis do carpinteiro, baseada nun texto de Manuel Rivas
- Trece badaladas, baseada nun texto de Manuel Rivas
- O alquimista impaciente
- Sei quen es
- Fisterra
- As belas durmintes
- Divertimento
- A promesa, ¿con Carmen Maura?
- O agasallo de Silvia
- Un bosque de música
- Ilegal, con Lucía Jiménez
- Camiño de Santiago. A orixe
- Pinocho 3000, de animación dixital
- O Cid, a lenda, de debuxos animados
- Romasanta, de Francisco Plaza sobre un libro de Alfredo Conde
- Dagon
- O soño dunha noite de verán
- Gisaku
- Perez, o ratiño dos teus soños
- DonekyXote
- e, porque non, Mar adentro, de Alejandro Amenábar sobre a vida de Ramón Sampedro
[editar] Principais actores, actrices e presentadores
- ¿Maruja Mallo?
- Zully Moreno
- Carolina Otero, coñecida como la Belle Otero
- Muriel Sánchez
- Ledicia Sola
- Carmen Sotelo
- Manu Fernández
- Xacobe Sanz
- Manuel Lozano
- Ainhoa Calvo
- Gala Nieves
- Fernando Acebal
- Aitor Rei
- (¿Actores de Mareas Vivas e Pratos combinados?)
- Silvia Jato
- Julia Otero
- Paloma Lago