Avelino Abuín de Tembra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Avelino Abuín de Tembra (Padrón, 1931) é un escritor galego.
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. É catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas.
Foi o creador dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966) e fundador do Padroadodo Pedrón de Ouro (1964, despois convertido en Fundación de Interese Galego). É secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965).
Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima e creou a Ruta Rosaliana. Ten colaborado en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega.
[editar] Obras
- Camiños, 1961 (poemario)
- Home ao pairo, 1974 (poemario)
- Roldas de Compostela, 1981 (poemario)
- En las orillas del Sar de Rosalía, 1984 (antoloxía)
- Ruta Rosaliana', 1984
- Rosalía, biografía do centenario, 1985
- Rosalía, 1987 (biografía de Rosalía de Castro)
- Obras completas de Rosalía, 1992 (antoloxía)
[editar] Premios
- Premio Ciudad de Carballo (1979)
- Premio Galicia de Poesía (1981)
- Premio Celso Emilio Ferreiro de poesía (1981)