Bacanais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Actualmente unha bacanal é sinónimo de orxía, moitísimo tumulto e desorde. No mundo grego e romano, as bacanais eran festas en honor a Baco (deus mitolóxico romano do cal deriva o nome bacanal) ou Dionisos (deus da mitoloxía grega). As sacerdotisas organizadoras da cerimonia chamábanse bacantes e o nome quedou asociado ás orxías romanas. O culto primitivo era exclusivamente de mulleres para mulleres e procedía do culto orixinal ao deus Pan.
No 186 a.C. o Senado prohibiu a celebración de bacanais promulgando unha lei, tratando de volver o culto a Baco á súa contorna sagrada. Algo se conseguiu reducir, pero era tan popular que non se puido extinguir totalmente. A Igrexa católica fixo algo similar, pero non puido conseguirse nada, soamente puido ser reemplazado polo carnaval.