Bama, Touro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Vicenzo de Bama é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 335 habitantes (174 homes e 161 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 355 habitantes.