Bardaos, San Sadurniño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Bardaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño, lindando ó este có Concello de Moeche e ó oeste có Concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 277 habitantes (149 homes e 128 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando contaba con 274 habitantes.
Índice |
[editar] Localización xeográfica
Unha pequena orientación xeográfica de onde se atopa a parroquia de Bardaos, podería ser a seguinte.
[editar] A parroquia
Na actualidade, a parroquia conta cunha poboación de 282 habitantes, ainda que os fines de semana pode ascender ata os 320 e en épocas de vacacións pode alcanzar fácilmente os 350 habitantes. Esta poboación atopase distribuida en 14 núcleos poboacionais: Randulfe, Casanova, Gudín (en realidade este lugar pertence á parroquia de Lamas, pero devido á súa situación xeográfica desenvolven ás súas labores nesta parroquia), Veiga, Castro, A Fraga, Sanguiñeira, Bañoca, Loibas, Pardiñeira, Leboriz e Carbeiral, Meixeiroa e por último A Corveira.
[editar] Orografía
[editar] Ríos
A parroquia de Sta. María de Bardaos está regada polo Río Forcadas que desemboca no embalse do mesmo nome, ó seu paso por la nosa parroquia, o forcadas alimentase de pequenos riachuelos como o do Porcallo dunhos tres kms e que nace na Fonte do Coto. Outro afluente é o da Tilleira, de lonxitude semellante ó anterior e que ve a luz no concello de Moeche. Preto da desembocadura deste último faino tamén o Rego do Cedo, este nado na Meixeiroa, con unha lonxitude de pouco máis de 1 Km., a escasos cincocentos metros, sumase ó forcadas o cano da Tillería, este con apenas catrocentos metros ten a sua cuna na Fonte dos Cunqueiros. Logo ven o canigote do Balogueiro, con orixe na Pallota e de lonxitude moi parecida ós dous primeiros, antes de incorporarse ó Forcadas, este canigote vese reforzado polo caudal do Cano dos Xacobes de apenas un Km de lonxitude. O penúltimo en sumase ó Forcadas é o rio da Veiga, sen dubida o máis largo e caudaloso de todos eles, a súa orixe hai que buscala nas terras do Camiño Arriba. Por último está o Cano Grande das Fontes con unha lonxitude que ronda os tres Kms. Estes pequenos riachuelos non contan cun nome específico, nos aquí recollemos o nome polo que se coñecen dentro da nosa parroquia.
[editar] Fontes
Bardaos está plagado de zona verde, por si non fora de abondo con todolos rios que se dan cita nesta parroquia, cumple engadir o número de Fontes que emanan auga durante todo o ano. Comenzando polo norte, atopamonos coa Fonte do Coto, como xa dixemos esta dá lugar ó afluente do Porcallo. Esta fonte conserva un antiguo lavadeiro público no que as mulleres iban lavar a roupa, o estado do mesmo é excelente. A escasos cincocentos metros desta, encontrémonos coa Fonte da Rica, coa auga desta fonte acostumabanse a facer os Corgos, que eran os lugares onde se colocaba o liño para abrandalo, logo temos a dos Carballas, a súa auga era moi apreciada para o consumo humano. Andamos outos trescentos metros e damos coa Fonte da Abeleira, que ó igual que a anterior, as suas augas gozaban de moi boa sona. Xa na Bañoca, topamonos con duas fontes, a dos de Casanova e a das Lagas. No Castro contamos coa Fonte do Pereiro, a auga desta fonte xamáis contou coa aprobación popular, pois sempre tivo sona de ser catarreira. Por ultimo nomearemos a Fonte da Escrita sita na ladeira do coto da Escrita, ainda que no termo de Bardaos. Ademáis do lavadeiro da Fonte do Coto contamos co da Casanova, este de carácter privado e varias pedras de fregar como son a do Cubo do Muiño de Riba, a do Cano do Caneiro, a da Ponte e a do Balogueiro.
[editar] Muiños
Debido a esta proliferación de arroyos, a nosa parroquia conta con varias aceas ou muiños de auga: O primeiro que encontramos e o da Tilleira, no seu día alimentado polo canigote do mesmo nome. Este muiño pertencia a varios parceiros. O seu estado actual demanda unha restauración ó igual que o resto dos que vamos citar. O seguinte que nos atopamos é o Muiño de Riba, este tras pasar por varios donos, oxe pertence a Nieves Sanjurjo. Este era un muiño bastante grande, contaba con dous muiños e unha habitación contigua na que ten habido unha perruquería (mui profesionales). Se damos un paseo pola Área Recreativa, podemos admirar as ruinas do Muiño do Medio, que posiblemente sexa o que peor estado presente.Se continuamos dirección ó Castro, poderemos facer un alto no Muiño do Balogueiro o cal tamén pertenceu a varios parceiros, logo está o muiño do Castro, propiedade de Vicente Canosa, este muiño forma parte da estructura da casa e posiblemente fose o último en cesar a súa actividade. Coa chegada do progreso estes muiños forón vendo como se comenzaban a instalar muiños electricos e eles iban quedando en desuso.
[editar] Elementos arquitectónicos
Ó igual que a mayoría das bisbarras de Galicia, Bardaos tamén conta cun par de cruceiros. O primeiro, e de creación recente, é o do Tio Milio, este cruceiro foi encargado polo tio Milio de Casimiro para cubrir o oco deixado por outro que había anos lucira nesta encrucillada. Xa máis antiguo é o situado na eira de Eliseo de Xan. Este construido en cantería e de edad descoñecida. Tamen de cantería é o que temos na Meixeiroa, este foi colocado en señal de dolo por un crime cometido neste punto. Por último temos o Cruceiro da Reina, este cruceiro foi recollido do olvido por Miguel Vilela, o cal o restaurou. Este cruceiro conta coa particularidade de que no seu día foi posto a modo de campo santo para aqueles nenos que morrian no parto ou ben antes de se bautizaren, xa que por aquel entonces o que non tivera feito o bautismo non podia ir enterrado no cementerio.
[editar] Accidentes Xeográficos
Os accidentes xeográficos a ter en conta son os cotos da Croa, da Tillería e o Coto-agudo. O primeiro erguese na zona centro da parroquia co unha altura que apenas excede os douscentos metros, pero evidentemente o que fai chamativo este coto non é a súa altura, o interesante deste coto e que nel podemos encontrarnos con restos dun antiguo castro celta. Fai xa anos fixeranse unhas escavacións no castro e en el atoparanse distintas pezas de bronce e incluso ouro, ademáis de unha infinidade de pezas de cerámica. Como si de un xemelgo se tratara, á carón da Croa erguese o coto da Tillería, inda que este non presume de ningún tipo xacemento. O Coto-agudo é o teito de Bardaos, erguese uns 374 mts por encima do nivel do mar, na súa cima confluien tres concellos: San Sadurniño, Valdoviño e Moeche. As suas vistas son inmellorables, non en vano a conselleria de medio ambiente escolleu este coto para instalar nel unha torre de vixiancia de incendios forestais, outro dos atractivos deste coto hai que buscalo na caprichosa construcción natural que forman unha serie de rochas a modo de gruta e que os ancians chaman A Cova do Coto.
[editar] Fonte de ingresos
A principal fonte de ingresos desta parroquia hai que buscala nas pequenas explotacións gandeiras así como no sector forestal. Un dos reclamos turísticos de Bardaos hai que buscalo na pesca e na caza. Sen dúbida a troita do Forcadas e especies como o xabarín e o corzo fan que a esta pequena parroquia se achegue xente dos máis diversos lugares.
[editar] A Cofradía de San Pipote
A asociación deportiva cultural e recreativa por excelencia da parroquia de é A Cofradía de San Pipote
[editar] Ligazóns externas
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de San Sadurniño | |
---|---|
Bardaos (Santa María) | Ferreira (San Paio) | Igrexafeita (Santa María) | Lamas (San Xiao) | Naraío (Santa María) | San Sadurniño (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) |