Botox
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
wikificar
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
[editar] Emprego en Mediciña
Investigadores ven nas súas pesquisas nos anos 1950 que de lle inxectar ós músculos cantidades moi pequeñas da toxina botulínica tipo A diminuía a actividade muscular por broqueo da acetilcolina na función neuromuscular, obtendo un músculo non dado a se contraer perante un periodo de catro a seis meses.
Alan Scott, oftalmólogo de San Francisco, empregou por primeira vez doses da toxina, pra tratar estrabismo, mais precisou un socio pra acadar a aprobación regulatoria do seu descubremiento como droga. Allergan, Inc., unha pequena Cía- farmacéutica, a cal traballaba nas terapias dos ollos e produtos pra lentes de contacto, mercou os dereitos da droga no 1988 e recibeu a aprobación da FDA no 1989. Allergan renomeou a droga como Botox.
Amáis do seu emprego cosmético, Botox serve nos tratamentos das
- migrañas
- distonía cervical (desorden neuromuscular na testa e pescozo)
- blefaroespasmo (contracción involuntaria do músculo ocular)
- hiperhidrose severa de axila (suoración extrema)
Outros empregos da toxina botulínica tipo A, non aprobada pola FDA inclúe:
- Incontinencia urinaria
- Fisura anal
- Desordes espásticos asociados con lesións ou enfermidades do sistema nervoso central incluíndo trauma, esclerose múltiple, dano cerebral
- Distonía focal nos papos, cara, mandíbula, cordas vocais
- Dor temporomandibular
No abril do 2002 obtivo a aprobación oficial no EE.UU. pra apricarse nesta área da estética. As vendas subiron de xeito exponencial.
Ten unha duración temporal: o efeito mantense de 3 a 6 meses; despois deles hase renova-la dose, posúe amáis algúns efeitos secundarios como reaccións alérxicas, rixidez da face, náuseas.
Elabórase a partires da toxina do botulismo mais en pequenas proporcións. A fórmula pra a súa elaboración é hoxe un dos segredos mellor gardados no mundo. Isto deixou manter o monopolio no desenrolo diste fármaco.