Capital Europea da cultura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Capital Europea da Cultura é unha iniciativa da Unión Europea que ten por obxetivo a promoción dunha cidade de Europa por un periodo dun ano durante o cal a cidade posue unha oportunidade de mostrar a Europa a súa vida e desenvolvemento cultural, permitindo un mellor coñecemento mútuo entre os cidadáns da Unión Europea.
Esta iniciativa comezou en 1985 co nome de Cidade Europea da Cultura. So se nomeaba a unha cidade por ano, sendo a responsabilidade da organización do evento do Estado membro o cal pertencía esa cidade e sucedíanse por orde alfabética dos países.
En 1990, o Consello de Ministros decidiu alargar a iniciativa a outros países da Europa non pertencentes à Unión Europea. Esta norma tería comezo en 1996, ano no que remataba un ciclo completo e era limitada a países que, segundo a Comunidade Europea, respetasen os princípios da democracia, do pluralismo e do estado de Dereito. Segundo as novas regras, sería necesario que fose feita a alternancia entre países membros e outros países, así como se propuña a alternancia entre capitais e cidades de provincia.
O 25 de Maio de 1999, o Consello de Ministros e o Parlamento, decidiron muda-lo nome de Cidade Europea da Cultura para Capital Europea da Cultura.
[editar] Lista de cidades
- 1985- Atenas (Grecia)
- 1986- Florencia (Italia)
- 1987- Amsterdam (Países Baixos)
- 1988- Berlín (Alemaña)
- 1989- París (Francia)
- 1990- Glasgow (Escocia/Reino Unido)
- 1991- Dublín (Irlanda)
- 1992- Madrid (España)
- 1993- Antuerpen (Bélxica)
- 1994- Lisboa (Portugal)
- 1995- Luxemburgo (Luxemburgo)
- 1996- Copenhaguen (Dinamarca)
- 1997- Salónica (Grecia)
- 1998- Estocolmo (Suecia)
- 1999- Weimar (Alemaña)
- 2000- Avignon (Francia), Bergen (Noruega), Boloña (Italia), Bruxelas (Bélxica), Helsinqui (Finlandia), Cracovia (Polonia), Reikiavik (Islandia), Praga (República Checa), Santiago de Compostela (España)
- 2001- Porto (Portugal), Roterdam (Países Baixos)
- 2002- Bruxas (Bélxica), Salamanca (España)
- 2003- Graz (Austria)
- 2004- Xénova (Italia), Lille (Francia)
- 2005- Cork (Irlanda)
- 2006- Patras (Grecia)
- 2007- Luxemburgo (Luxemburgo), Sibiu (Romanía)
- 2008- Liverpool (Reino Unido), Stavanger (Noruega)Template:European Capital of Culture